15 jun 2009

Aprilis



Ao longo da historia de Roma, o seu calendario foi sufrindo distintas modificacións. Finalmente este convertiuse nun moi parecido ao que empregamos na actualidade que corresponde co antigo calendario Xuliano. Neste consta como cuarto mes o de Abril, que ten 30 días. Sen embargo, antigamente era o segundo porque Xaneiro e Febreiro non existían. O nome deste deriva do latín Aprilis, que por ser o mes da primavera estaba adicado a Venus (deusa do amor e da beleza), xa que segundo eles producíase o "espertar" da natureza.

Podemos apreciar o nome deste mes nalgunhas linguas romances: en galego e en castelán chámase Abril, en francés Avril, en catalán Abril, en portugués Abril, en italiano Aprile, en rumano Aprilie e nunha lingua non romance como é o inglés April.

No hay comentarios: