31 ene 2009

Mercadorías na Via da Prata


A Vía da Prata, aparte de ser un dos camiños romanos mellor coñecidos e máis importantes da Península, foi tamén un importante medio para a circulación e a venda de mercadorías.
Os primeiros productos en circular por esta vía foron os produtos exóticos, como perfumes e especias procedentes de Oriente. Un pouco despois, cara ao século I d. C., comézase a comerciar con obxectos manufacturados de luxo, e tamén con vaixelas de cerámica de diferentes procedencias (as máis vendidas foron as itálicas e as procedentes da Galia).
Máis tarde, tamén se chegou a comerciar con outros produtos non hispanos, como por exemplo os vidros que chegaron a circular por esta estrada romana procedentes do estranxeiro.
Esta vía tamén se utilizou para o abastecemento numismático.
Óscar e Cristian

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Falta a ilustración e non pos exemplos deses produtos exóticos dos que falas. Non xustificas o texto e non deixas espazo despois de punto ou coma.