27 ene. 2009

Unha fusión de culturas e relixións


A vía da prata, unha das vías romanas máis importantes a nivel internacional, foi unha das principais fontes de cultura, relixión e ideoloxía para os pobos periféricos, influencia que proclamou a relixión romana como a primeira dos seus habitantes, máis tarde, remplazada polo cristianismo.
Outro exemplo de como esta rota influíu na vida do campesiñado foron as crenzas e a idea dunha forma de vida máis urbana. Os cultos aos deuses romanos, propios das principais cidades, como Augusta Emerita e Astorga, polas circulaban persoas; foron se ampliando ata chegar á poboación que vivía no campo, logrando así unha extensión das súas ideas e crenzas. Nalgunhas ocacións, as mesmas persoas que atravesaban o camiño, deixaban pequenos altares en conmemoración a estes deuses, denominados lares viales.
Esta vía, non só de uso comercial, deixounos unha gran riqueza cultural, procedente de distintas rexións.



2 comentarios:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Moi ben, Laura.
En canto ao que dis sobre as aras dedicadas aos Lares Viales, cres que permanece en Galicia o culto a estas divindades, aínda que sexa transformado e adaptado a outra relixión?
Sabes dalgún exemplo en concreto, preto do lugar onde vives?

Laura dijo...

Si, os cruceiros, pertencentes á relixión cristiana, realizábanse antigamente nos camiños para indicar ás persoas que circulaban por ó redor que eran lugares de culto. Os cruceiros podénse atopar por calquera aldea, cerca dunha igrexia. En Lugo, atópanse trece lares viales, e algúns en Coruña, aínda que non sei con exactitude onde.