31 ene. 2009

Historia da Vía da Prata.

A construcción desta calzada comezouse a construír hacia o século II a.C, na época na que o guerrilleiro Lusitano Virato loitaba contra Quinto Servilio Carpio. Foi unha vía ideada con fins militares. Nesa época establécense tres asentamentos ao longo da vía: Medellín (Metellinum), Cáceres (Castra Caecilia) e Puerto de Béjar (Caelionicco ou Vicus Caecilius).
Posteriormente, sirveu como un canal de comunicación entre os asentamentos que os romanos estaban facendo nesa zona de Hispania.
O trazado principal unía Emerita Augusta (Mérida) e Astúrica Augusta (Astorga).
En época romana dotóuselle de pontes, miliarios e mansíos que aínda existen hoxe.
Durante o dominio dos árabes, estes aproveitaron a calzada para facer incursións rápidas nos reinos cristiáns dende o S.VIII.
No S.XIII creouse o Honrado Concejo de la Mesta, unha institución que favorecía aos movementos dos rabaños de ovellas merinas para un mellor aproveitamento dos pastos. Isto motivou a creación dunha rede de camiños gandeiros perfectamente xerarquizados que comunicaban as verdes zonas de León e a Meseta Norte.
Un novo uso foi o de ser un camiño de peregrinacións medievais e modernas hacia Santiago de Compostela.
Os historiadores dos S. XVI e S. XVII denominábana ''vía militar''.
Feito por Miriam Reboredo e Cristina Salgado.

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

En que quedamos, construíuse con fins militares ou por mor das migracións estacionais? Non o deixades claro.
Ademais datades a vía no s. II a.C, cando acaban de chegar os romanos á península e non teñen nin sequera aínda conquistado o territorio.
Vexo tamén varios erros ortográficos.