7 oct 2008

Porque a zeta (Z) é a última letra do abecedario?

A zeta é o equivalente latino á dseda ou dseta grega (Ζ en maiúscula y ζ en minúscula). Nos dous idiomas, esta letra representaba o son /ts/ ou /ds/. No alfabeto grego, a dseta ocupaba a sexta posición e non a última como o fai actualmente a zeta no abecedario.

Esto debese ás reformas ortográficas de M. Apio Claudio o Censor (tamén chamado “o Cego”, responsable da construcción da célebre Vía Apia e o primero acueducto de Roma, o Aqua Appia) a finais do século IV a.C. Eliminou a letra zeta cando a primitiva s sonora, que existía no período mais arcaico do latín, evolucionou na posición intervocálica á vibrante simple polo fenómeno denominado rotacismo: a s intervocálica pasa a r; por exemplo, Papisius pasa a Papirius. Este fenómeno xa estaba consumado a mediados do século IV a.C.

No lugar da zeta foi ocupado pola G. A partir do século I d.C., volveu a restablecerse o uso da zeta para reproducir a dseta grega, pero xa non recuperou o seu posto orixinario, ocupado pola G, se non que se colocou no último lugar do alfabeto.


Feito por Lorena Rozados Riveira e Bárbara Guillermo Rodríguez.

No hay comentarios: