14 oct. 2008

O irlandés

O irlandés ou gaélico moderno (gaeilge en irlandés) é un idioma da rama céltica, nativo na illa de Irlanda e falado por unhas duascentas mil persoas, principalmente nas zonas rurais.

Desde 1922 ca independencia da República de Irlanda, o irlandés foi a lingua oficial xunto co inglés, falada na illa desde a chegada dos ingleses na Idade Media. Hoxe en día, é a lingua materna dun 2% da poboacion da República.

As comunidades e rexións done se fala irlandés chámanse Gaeltachtaí. A Gaeltacht ca poboación máis grande é Cennemara, no Condado de Galway.

A lingua irlandesa é asignatura obrigatoria na República de Irlanda. A actitude dos estudantes cara ó irlandés oscila entre a apatía e a hostilidade.

Os tres dialectos irlandeses principais son o Ulster no norte, o Munster no sur e o Connacht na rexión central e occidental da illa.

Algunhas palabras y frases en irlandés son:

  • Lá (Día)
  • Bean (Mujer)
  • Grian (Sol)
  • Éireannach (Irlandés)
  • Conas atá tú? (Como estás?)
  • Dia dhuit (Ola)

Feito por Alba Vázquez Touceda e Marta Rodríguez Castro.

No hay comentarios: