14 oct 2008

O gaélico escocés: unha lingua céltica

O gaélico escocés é unha lingua indo-europea da rama céltica que chegou a Escocia no século V, cando os celtas que proviñan do norte de Irlanda se achegaron á súa costa occidental, de aí a súa similitude co falado en Irlanda e na Isla de Man.

Máis tarde, os préstamos lingüísticos dos anglos e dos vikingos iran relegando o gaélico escocés, ata que ó redor do 1500, creáronse nas Hébridas as cortes locais e as escolas do Bardo. Nelas, conserváronse a cultura e o idioma gaélico, que foi reprimido durante séculos.

Fálase principalmente en Escocia, aínda que tamén se usa en Canadá, Estados Unidos e Australia. En Escocia fálano unhas 60.000 persoas, o que ven a ser un 1% da poboación escocesa (5,1 millóns).

No 21 de Abril de 2005 aprobouse no Parlamento escocés a lei que converte ó gaélico escóces nunha lingua cooficial xunto co inglés.

Algunhas palabras en escocés son Seanmhair (Abuela), Seanair (Abuelo), Màthair (Madre) e Athair (Padre).
Por Oscar Barreiro & Cristian Carbajales

No hay comentarios: