O esperanto é unha lingua auxiliar artificial creada polo médico L. L. Zamenhof en 1887, coa esperanza de que se convertese nunha lingua universal. Segundo as estatísticas é a lingua planificada máis falada do mundo.
-O primeiro libro publicado foi A lingvo internacia (en galego, A lingua internacional).
- O nome desta lingua vén do pseudónimo de Zamenhof, Doktoro Esperanto.
- Ningún país adoptou o esperanto como lingua oficial.
- Na actualidade conta con entre 100.000 e 2.000.000 falantes.
- O vocabulario extraeuse de moitos idiomas. Algunhas palabras teñen a súa orixe en idiomas non indoeuropeos, como o xaponés, por ser consideradas internacionais. Sen embargo, a gran maioría do vocabulario do esperanto procede do latín, das linguas romances (principalmente do italiano e o francés), do alemán e do inglés.
- O esperanto escríbese cunha versión modificada do abecedario latino que non inclúe as letras q, w, x e y pero, sen embargo, inclúe 5 letras cun diacrítico: ĉ, ĝ, ĥ, ĵ e ŝ.
Andrea Barbeito e Paula Vázquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario