A letra ''g'' é a sétima da orde latina internacional. Deriva do ''c'', que entre os etruscos empregábase indistintamente para representar os fonemas /c/ e /g/. Sen embargo, en latín a diferenza entre os dous sons era importante, porque axudaba a desambiguar certas palabras.
No século III a.C., o liberto Espurio Carvilio (quen fora esclavo do cónsul Espurio Carvilio Ruga) decidiu agregar un pequeno rasgo ao ''c'', para producir unha letra nova, e representar así o fonema velar oclusivo sonoro como distinto do velar oclusivo xordo.
(Eva Andrade Castro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario