13 oct 2008

As vogais do alfabeto latino





As vogais clasifícanse segundo a súa localización, é dicir, a parte da boca onde se articulan, a súa abertura (canto abrimos a boca) e a cantidade (o tempo que invertimos).
Unha vogal segundo a súa cantidade podemos dicir que é longa ou breve.
Longa, se a emisión do son se prolonga.
Breve, se ese alongamento non se produce.
De un modo convencional utilizamos o signo ĕ sobre as breves e o signo ˉ sobre as longas.
Isto serve para diferenciar o significado. Un exemplo é vĕnit, que significa "vir", e outro vēnit, que significa "veu".
Co paso do tempo esta distinción perdeuse.
Pola contra, o timbre vogálico cobrou máis importancia como criterio diferenciador e resultou diso que en ningunha lingua románica perdurase a cantidade e si, pola contra, a distinción entre abertas e cerradas. Por exemplo, en galego a forma “vés”, di verbo vir, oponse a forma “ves”, do verbo vir.

Tamara Alonso Ares e Sandra Fandiño Diz

No hay comentarios: