13 mar. 2008

Agripina y Popea, las lobas del Capitolio

Coa novela Agripina y Popea, las lobas del Capitolio, a escritora Violaine Vanoyeke amósanos dun xeito entretido e ameno a organización política e social en Roma.
Durante o transcurso da novela a escritora lévanos coa nosa imaxinación polos lugares máis coñecidos da antiga Roma, visitando así o foro e os pazos do emperador e da sociedade adiñeirada de Roma.

Os principais personaxes adéntranse continuamente nunha loita por ocupar o lugar do emperador cando éste abdique.

Na miña opinión é un libro moi sinxelo de ler que nos amosa, como xa dixen, dun xeito ameno a vida na antiga Roma e o poder do emperador Claudio.

Convídovos a ler esta obra se vos atrae a vida e a organización na antiga Roma.

2 comentarios:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Lorena, poderías dicirnos que personaxes aparecen nas páxinas do libro? a cal destacarías?

lorena dijo...

Os personaxes principais que aparecen no libro son: Claudio, emperador de Roma, Agripina, segunda muller deste, Británico, fillo enfermo do emperador, Lucio Domicio, fillo de Agripina, logo pasará a chamarse Tiberio Claudio Nerón e Octavia muller de Nerón que ao final da novela acabará asasinada.

O personaxe ao que destacaría é a Agripina xa que logo de saber polo augur que sería matada polo seu fillo para conseguir o trono do emperador seguiu adiante os seus proxectos para casarse con este. Para que o seu fillo conseguise o trono enfrontouse ao fillo biolóxico do emperador recortandolle uns privilexios que tiña dende pequeno. Ao final da novela vese como Nerón, logo de moitos enfrontamentos coa súa nai polo trono, consegue coroarse emperador grazas a que Aniceto, mensaxeiro de Agripina, llo fose a anunciar.