O latín vulgar era o que falaban os comerciantes, os campesiños, os soldados. A nosa lingua actual procede dese latín non do culto.
Eu pensei que non era así, sempre pensei que era o latín culto o que evolucionara para o actual galego.
O latín vulgar era lingua falada polo pobo, nas casas e nas rúas. Continúa a súa evolución grazas a que é unha lingua falada e non está fixada polas normas de gramática. Pouco a pouco vaise modificando a súa pronuncia ata dar lugar as nosas linguas actuais.
É moi difícil atopar textos en latín vulgar pero en obras como as cartas de Cicerón ou a novela de Petronio o Satyricon si que os podemos atopar. Aquí vos deixo unha imaxe do libro Petronio, O Satiricón, que narra as aventuras de tres xoves e un vello poeta e inclúe algúns contos milesios. O Satiricón é o primeiro exemplo de novela picaresca da literatura europea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario