19 jun 2007

Busto romano: "dama emeritense"

Este retrato atópase dentro do Museo de Arte Romana de Merida, na sala V da segunda planta do edificio xunto con outros retratos femininos, importantes pola súa calidade e cantidade. Os peiteados deste tipo de bustos axúdannos a clasificalos dentro dunha determinada época, grazas á comparación que se realiza cos aparecidos nas moedas. Este busto en concreto, atópase enmarcado na época xulio-claudia (de Augusto a Nerón, 27 a.C. ao 68 d.C.), e concretando aínda se cabe un pouco máis, atopámola nos bustos pertencentes ao século II d.C., peiteada á moda da emperatriz Faustina II, e caracterizada por un moldeado de ondas moi marcadas que se recollen nun moño. Esta moda poderíamos chegar a comparala coa que había aínda non hai moitos anos na nosa sociedade, xa que arredor dos anos 80, as mulleres casadas tamén acostumaban recoller o pelo deste xeito.

No hay comentarios: