Estatua de Mercurio feita de bronce. Foi esculpida por Giovanni da Bologna no ano 1580. Está no museo "Nazionale del Barguello", Florencia. Mide 1,80 m e representa a Mercurio flotando sobre unha columna de aire que sae da boca de Zephyr.
Na imaxe pódense apreciar os atributos do deus: as ás, a variña de ouro (caduceo) e o sombreiro.
Mercurio era fillo de Zeus e da deusa Maia, é o mensaxeiro dos deuses e condue as almas dos mortais ós Infernos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario