28 may. 2007

Artemis


Esta escultura atópase no museo do Louvre de París, mide 2.01, o seu título é Diana de Versailles; é do estilo clásico tardío e pertence á época imperial. Esta feita de mármore e foi creada entre o primeiro e o segundo século d.C.
Nesta imaxe pódense apreciar a maior parte dos atributos de Diana (en latín) ou Artemisa (en grego); tanto a media lúa que ten na súa fronte coma o arco e o cervo. O único atributo que lle falta é o can.
Artemisa era a deusa da caza e da fertilidade,era a irmá xemelga de Apolo e filla de Zeus e Leto.

No hay comentarios: