Mostrando entradas con la etiqueta tisbe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tisbe. Mostrar todas las entradas

6 oct 2012

Aptato pectus mucrone sub imum incubuit ferro, quod adhuc a caede tepebat

(...) "Dixit et aptato pectus mucrone sub imum
incubuit ferro, quod adhuc a caede tepebat.
vota tamen tetigere deos, tetigere parentes;
nam color in pomo est, ubi permaturuit, ater,               165
quodque rogis superest, una requiescit in urna."



(...) Falou así e, colocando a punta da espada ben debaixo do peito, deixouse caer sobre o ferro aínda tépedo do sangue do amado. As súas súplicas conmoveron os deuses, conmoveron os pais: pois a cor do froito cando madura é escura e o que resta das súas piras descansan nunha única furna.
Texto traducido por Xosé Manuel Otero
Ovidio, Metamorfoses, IV 162 (final)
*Pyramus et Thisbe imaxe da Galería Penn Provenance Project en Flickr

Gemini monimenta cruoris


"Hoc tamen amborum verbis estote rogati,
o multum miseri meus illiusque parentes,               155
ut, quos certus amor, quos hora novissima iunxit,
conponi tumulo non invideatis eodem;
at tu quae ramis arbor miserabile corpus
nunc tegis unius, mox es tectura duorum,
signa tene caedis pullosque et luctibus aptos               160
semper habe fetus, gemini monimenta cruoris." (...)

Unha soa cousa sen embargo vos pedimos coas palabras dos dous, infelices país meus e seus, que non miredes con malos ollos que aqueles a quen uniu o amor inquebrantable, que aqueles que uniu a hora final sexan sepultados nunha mesma tumba. E ti, árbore que coas túas ramas cobres agora o corpo dun só e non moi tardar vas cubrir os dous, conserva os sinais da nosa morte, memoria do sangue de dous namorados. (...)

Ovidio, Metamorfoses, IV, 154-161.
Texto traducido por Xosé Manuel Otero.
Imaxe de Robert en Flickr.

"Tua te manus, amorque perdidit, infelix!"

Ad nomen Thisbes oculos a morte gravatos               145
Pyramus erexit visaque recondidit illa.

'Quae postquam vestemque suam cognovit et ense
vidit ebur vacuum, "tua te manus" inquit "amorque
perdidit, infelix! est et mihi fortis in unum
hoc manus, est et amor: dabit hic in vulnera vires.               150
persequar extinctum letique miserrima dicar
causa comesque tui: quique a me morte revelli
heu sola poteras, poteris nec morte revelli (...)                   



Ó nome de Tisbe, Píramo abre os ollos que aventaban a morte e despois de mirala volveunos pechar. 
Ela recoñece o mantón, ve a vaíña de marfil sen a espada e di: "A túa propia man deuche morte e tamén o teu amor, ¡que desgraza! Para isto teño eu tamén unha man forte e tamén amor, este darame forza para ferirme. Irei tras túa e da túa morte dirase que fun tráxica causa e compañeira; e ti, a quen só a morte podía arrincarme, ¡ah!, nin a morte poderá arrincarte de min (...)

Ovidio, Metamorfoses, IV 145-153
Tradución: José M. Otero
Cadro pertencente á obra de Pierre-Claude Gautherot (1.729-1.825)
Obra que se atopa no "Centre National des Arts Plastiques-Ministère de la Culture et de la Comunication", na cidade de París.

Amplexaque corpus amatum

"Sed postquam remorata suos cognovit amores,
percutit indignos claro plangore lacertos
et laniata comas amplexaque corpus amatum
vulnera supplevit lacrimis fletumque cruori               140
miscuit et gelidis in vultibus oscula figens
"Pyrame," clamavit, "quis te mihi casus ademit?
Pyrame, responde! tua te carissima Thisbe
nominat; exaudi vultusque attolle iacentes!""



Unha vez que recoñeceu ao seu amado,
maltrata con sonoros golpes os brazos
que non o merecían, arrinca os seus cabelos e,          
abrazou o corpo de aquel a quen ama,
anegou de lágrimas as súas feridas e mesturou
o seu pranto co sangue e cravando os ollos
naquel frío rostro gritou: Píramo,
que desgraza te espera de min?
¡Responde Píramo!
A túa queridisima Tisbe chama por ti; escoita,
mírame con eses ollos abatidos.

OVIDIO, Metamofosis, IV,vv.137-144
Texto traducido por Xosé Manuel Otero
Imaxe galería Flickr.

"Accipe nun nostri quoque sanguinis haustus!"

(...)Velamina Thisbes            115
tollit et ad pactae secum fert arboris umbram,
utque dedit notae lacrimas, dedit oscula vesti,
"accipe nunc" inquit "nostri quoque sanguinis haustus!"

quoque erat accinctus, demisit in ilia ferrum,
nec mora, ferventi moriens e vulnere traxit.              120
(...)
Arborei fetus adspergine caedis in atram                125

vertuntur faciem, madefactaque sanguine radix
purpureo tinguit pendentia mora colore. (...)


(...) Colle do chan o mantón de Tisbe, lévao con el ata a sombra da árbore onde quedaran e, cando o empapou de lágrimas e o encheu de bicos di: “Recibe tamén o sorbo do meu sangue”. E crava no seu illar a espada que levaba no cinto, sen tardar, moribundo, arrincouna da ferida aínda quente e xaceu na terra mirando o ceo. (...) Os froitos da árbore tórnanse de cor escura pola salpicadura da ferida mortal e a raíz humedecida pola sangue tingue as amoras colgantes de cor púrpura. (...)


Ovidio, Metamorfoses, IV, 115-136
*Espada ensanguentada. Imaxe de Felipe Perea en Flickr.
*Tradución de Xosé Manuel Otero.

Una duos nox perdet amantes

"Pyramus; ut vero vestem quoque sanguine tinctam
repperitm "una duos" inquit "nox perdet amantes,
e quibus illa fuit longa dignissima vita;
nostra nocens anima est. Ego te, miseranda, peremi,               110
in loca plena metus qui iussi nocte venires
nec prior huc venir. Nostrum divellite corpus
et scelarata fero consumite viscera morsu,
o quicumque sub hac habitatis rupe leones!
Sed timidi est optare necem." (...)  

Píramo, que sae máis tarde, ve as pegadas seguras dunha fera sobre o camiño de terra e palidece en todo o seu rostro. Cando descobre o mantón empadado de sangue di: "unha noite soa acabará con dous namorados; dos dous, ela é merecedora dunha vida máis longa; eu son o veradeiro culpable. Eu, miña pobre, perdinte, eu que te mandei vir de noite a un lugar cheo de perigos e non me anticipei á túa chegada. Desgarrade o meu corpo e devorade as miñas vísceras con feroz mordedela cantos leóns habitedes debaixo desta rocha. Pero é de cobardes optar pola morte." (...)

Ovidio, Metamorfoses, IV, 107-115
Tradución de Xosé Manuel Otero
*Píramo vendo as pegadas dos leóns e o mantón. Imaxe de Edward Burne-Jones do museo Birmingham e a galería de Artes.




Audacem faciebat amor

"Callida per tenebras versato cardine Thisbe
egreditur fallitque suos adopertaque vultum
pervenit ad tumulum dictaque sub arbore sedit.               95
Audacem faciebat amor. Venit ecce recenti
caede leaena boum spumantis oblita rictus
depositura sitim vicini fontis in unda;
quam procul ad lunae radios Babylonia Thisbe
vidit et obscurum timido pede fugit in antrum,               100
dumque fugit, tergo velamina lapsa reliquit.
Ut lea saeva sitim multa conpescuit unda,
dum redit in silvas, inventos forte sine ipsa
ore cruentato tenues laniavit amictus." (...)

Astuta entre as tebras sae Tisbe, despois de xirar o gonzo da porta, engana ós seus e co rostro cuberto chega á tumba e senta debaixo da árbore que acordaran. O amor facíaa atrevida. Velaí que chega para acalmar a sede na auga da fonte veciña unha leoa co fociño espumante enzoufado de sangue duns bois que viña de devorar. A babilonia Tisbe ve a leoa á luz da lúa e foxe con temeroso paso a unha cova escura e, mentres foxe, perde o mantón que lle caíra dos ombreiros. Cando a feroz leoa aliviou a sede con auga abundante, de volta ó bosque desgarra coas súas fauces ensanguentadas o mantón que atopara sen dona. (...)

Ovidio, Metamorfoses, IV, 93-104. Tradución ao galego de J.M. Otero
* Imaxe de Lou Rouge en Flickr

Arbor ibi niveis uberrima pomis...

(...) "Postera nocturnos Aurora removerat ignes,
solque pruinosas radiis siccaverat herbas:ad solitum 
coiere locum. Tum murmure parvomulta prius questi 
statuunt, ut nocte silentifallere custodes foribusque 
excedere temptent,                                                    85     
cumque domo exierint, urbis quoque tecta 
relinquant,neve sit errandum lato spatiantibus 
arvo,conveniant ad busta Nini lateantque sub
umbraarboris: arbor ibi niveis uberrima pomis,ardua
morus, erat, gelido contermina fonti."    (...)                 90


(...) A aurora seguinte fixera esvaecer as estrelas da noite e o sol secara cos seus raios a rosada das herbas. Xuntáronse no sitio de sempre. Entón, despois de queixarse moitas veces polo baixiño, deciden enganar aos gardas no silencio da noite e escapar e, xa fóra da casa, deixar a cidade tamén. Para non se extraviar no seu andar pola chaira, reuníranse a carón da tumba de Nino, e agocháranse á sombra dunha árbore. Había alí unha árbore cargada de froitos brancos como a neve (unha alta moreira), preto dun manacial de auga fresca. (...)

Ovidio, Metamorfoses, IV, 81-90
* Traducción: Xosé M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Imaxe de fcopancho de Flickr.

3 oct 2012

Pyramus et Thisbe, contiguas tenuere domos...

Nesta serie de entradas, os alumnos de Latín II ilustrarán a historia de Píramo e Tisbe narrada por Ovidio nas Metamorfoses. Tras o texto latino virá a súa tradución ao galego, ilustrada cunha imaxe con licenza CC que ilustre a escena.
--------------------------------------------

"Pyramus et Thisbe, iuvenum pulcherrimus alter,               55
altera, quas Oriens habuit, praelata puellis,
contiguas tenuere domos, ubi dicitur altam
coctilibus muris cinxisse Semiramis urbem.
notitiam primosque gradus vicinia fecit,
tempore crevit amor; taedae quoque iure coissent,               60
sed vetuere patres: quod non potuere vetare,
ex aequo captis ardebant mentibus ambo" (...)


Píramo e Tisbe, o máis fermoso de todos os mozos el, ela, a máis fermosa rapaza que tivo Oriente, vivían en casas veciñas, alí onde din que Semíramis cinguira con muros feitos de adobe a prominente cidade. A veciñanza fixo que se coñecesen e desen os primeiros pasos, co tempo creceu o amor. Por eles xuntaríanse baixo as antorchas nupciais, como marca a lei, pero prohibírono os pais; o que non puideron prohibir foi que ardesen por igual os seus corazóns cativos (...)

Ovidio, Metamorfoses, IV, 55-62
* Insula, bloque de pisos romanos en Ostia. Imaxe de Sebastià Giralt en Flickr