Mostrando entradas con la etiqueta oratoria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oratoria. Mostrar todas las entradas

18 mar 2011

Argumentatio

Denomínase inventio á primeira fase das oratoriae partes, na que o orador extrae as posibilidades de desenvolvemento das ideas verdadeiras, ou verosímiles, que lle permitan probar a súa causa. Nestea entrada falamos argumentatio que é a parte do discurso (orationis partes) na que o orador mostra as súas razóns para defender ou refutar o tema do que se esté a falar, segundo os seus intereses.

Nesta parte do discurso de Obama aparecen os seguintes puntos principais:

1. Fomentar a innovación nas empresas de Estados Unidos.
2. Evitar o abandono escolar e impulsar os estudios sanitarios.
3. Loitar contra a inmigración ilegal.
4. Mellorar os sistemas de transporte e comunicación (por exemplo, Internet)
5. Reforma tributaria (política comercial)
6. Reforma sanitaria
7. Reducción do déficit público
8. Liderazgo moral e militar do mundo
9. Relación cidadán - Estado (transferencia na xestión)
10. Defensa contra os inimigos
11. Alianzas e tratados internacionais
12. Respecto e admiración polo exército

*Imaxe extraída de Flickr de Pacogaitero

17 mar 2011

Elocutio: paralelismo e elipse.

En retórica, o paralelismo é, dentro dos recursos estilísticos, unha das figuras de repetición. Trátase da semellanza formal na estrutura entre distintas secuencias dun texto. Exemplos: (...) As nosas escolas (...); (...) os nosos laboratorios de investigación (...); (...) A nosa infraestrutura (...); (...) Os nosos soldados (...); (...) reformar as nosas esolas; cabiar a maneira de utilizar a enerxía, reducir o noso déficit (...).


A elipse é unha figura retórica que consiste na supresión dalgún termo da oración que, aínda que sexa necesario para unha correta construción gramatical, se sobreentende polo contexto. Exemplos: (...) Xuntos (...).

16 mar 2011

Elocutio: hipérbole e símbolo

Dúas das figuras literarias que aparecen no discurso son a hipérbole e o símbolo.

A hipérbole (do latín hyperbŏle) é unha figura retórica que consiste en aumentar ou disminuir de forma esaxerada aquilo do que se fala. ("É o lugar mellor que hai máis alá do horizonte.") 

Imaxe de Daquellamanera en Flickr
O símbolo (do latín simbŏlum) é unha figura retórica que consiste en utilizar a asociación ou asociacións subliminais das palabras para producir emocións. ("A nosa travesía continua.") 
Imaxe de Jexweber en Flickr

Orationis partes

No discurso pronunciado polo actual presidente dos EEUU, Barack Obama, o 25 de xaneiro de 2011, podemos distinguir claramente as partes que Cicerón diferenciaba nos seus discursos.
Segundo Cicerón o discurso dividíase nas seguintes partes : o exordium, a narratio, a argumentatio e a peroratio.
O exordium e o comezo do discurso, cuxo obxectivo é gañar a simpatía do público (benevolentiam captare); outra das partes do discurso é a narratio, nela faise unha exposición concisa, clara e verosímil dos feitos; a argumentatio é unha confirmación complementaria da narratio e nela preséntanse as probas favorables (confirmatio probatio) e procédese á refutación das probas favorables (refutatio, confutatio). A parte final do discurso, o epilogus ou peroratio ten un dobre obxectivo; en primeiro lugar refrescar a memoria facendo unha recapitulación e en segundo lugar influir nos sentimentos do auditorio.
A continuación podemos observar a división do discurso de Barck Obama nas partes que distinguía Cicerón.

15 mar 2011

Elocutio: Prosopopea e enumeración

A prosopopea (do grego πρόσωπον, -ου "faciana" e ποιέω "facer") ou personificación é unha figura retórica de pensamento que consiste en atribuír calidades humanas a seres ou obxectos que non poden telas. Un exemplo desta fígura retórica no discurso de Obama é:
  • "Pero existe un motivo polo cal a traxedia en Tucson deunos que pensar. No medio do ruido, fervor e animosidade do noso debate público, Tucson recordounos que independentemente de quen somos ou de onde vimos, cada un de nós é parte de algo superior, algo de maior trascendencia que un partido ou preferencia política."
A enumeración é unha figura retórica consistente en acumular ordenada ou caoticamente unha serie de palabras sucesivas.
  • "Sr. Presidente da Cámara de Representantes, membros do Congreso, distinguidos invitados y concidadáns: (...)"
  • "Pero por máis contenciosa e frustrante e desagradable que ás veces pode ser a nosa democracia, sei que non hai unha soa persoa aquí que a cambiaría por outro país do mundo."

Elocutio: epífora e pleonasmo

A epífora é unha figura retórica que consiste na repetición de unha ou varias palabras ao final de enunciados consecutivos. No discurso de Obama pódese ver un exemplo desta figura:
" (...) non se prohibirá que ningún estadounidense sirva ao país que ama debido a quen ama."












O pleonasmo é unha figura retórica que consiste en engadir palabras nunha frase que non son necesarias, pois o seu significado xa está explícita ou implicitamente incluído nela. Un claro exemplo no discurso de Obama é:

" (...) Avanzaremos cara a diante."


14 mar 2011

Similicadencia e metáfora.

A metáfora (do grego μεταφορά: de μετά, "ao outro lado"; e φέρω "levar") é unha expresión cun significado distinto ou en contexto diferente ao que habitualmente asociamos, é dicir traslada o sentido propio dun termo real a outro co que manten unha relación de semellanza. Adoitamos a confundir a metáfora co símil, pero debemos diferencialos xa que a primeira non leva nexo de comparación. 
Un dos exemplos que atopámos no discurso de Barack Obama é o seguinte:
"(...) Non sexa só un lugar no mundo, senon un faro para o mundo (...)"
A similicadencia ou homeoptoto (do latín similis, "igual"; e cadere, "caer") é unha figura retórica de pensamento (baséanse no significado das palabras dentro dun enunciado incluíndo outras figuras), consiste no emprego de palabras que presenten un son semellante. 
 "Nunca fomos medidos (...) medimos." "Pode que non teña ningún diñeiro, pero teño..." Podemos apreciar dentro destes exemplos unha relación de sonoridade entre as palabras subliñadas.

Captatio benevolentiae

 (Imaxe de Gobierno Federal en Flickr)
Barack Obama é o 44º presidente na historia dos Estados Unidos de América. Como bo representante da hoxe por hoxe primeira potencia mundial, debe manexar a retórica con soltura e empregar debidamente todos os recursos dos que dispón para chegar así a elaborar bos discursos que encandilen aos seus oíntes e sexan quen de mover as opinións máis aferradas ás súas conviccións.
É moi importante para chegar a convencer, obter a simpatía do ou dos oíntes, que deberán ter unha imaxe conciliadora do orador.

Obama intentou conseguilo nos primeiros parágrafos do seu discurso anual sobre o estado da Unión, que pronunciou ante o Congreso dos Estados Unidos.
Comeza o seu discurso dirixíndose aos oíntes como distinguidos invitados, proxectando unha imaxe de anfitrión cordial e transixente que vai lograr a comodidade dos seus "invitados". Ten tamén un sentido de importancia de cara aos oíntes, aos que amosa con este calificativo respecto pola súa posición decisiva nos Estados Unidos.
Continúa felicitándoos pola súa elección para estar representando aos cidadáns dunha das nacións máis importantes do mundo, polo que deben estar á altura e colaborar para sacar adiante aos Estados Unidos nunha época de dificultades.
Intenta tocar a fibra sensible dos congresistas atendendo á congresista que foi agredida e recibiu tres impactos de bala. Esta mención a unha congresista busca que os oíntes se sintan identificados e albisquen o aprecio que o presidente mostra polos membros do congreso.
Por último emprega primeiras persoas do plural e adxectivos posesivos tamén nesta persoa, (nosos...), que aportarán unha sensación de unidade e cooperación entre os órganos, (Presidencia e Congreso), para chegar ao fin que antes mencionamos, o de saír adiante con ímpetu ante as dificultades que se presentan no futuro inmediato dos Estados Unidos de América.

13 mar 2011

Elocutio: anáfora

A elocutio é a parte da oratoria inmediatamente posterior á ordo ou dispositio. Esta parte da oratoria consiste en trasladar as ideas extraídas e pensadas na inventio e ordenadas na dispositio, é dicir, atopar a maneira de expresalas correctamente. Para iso, cómpre subministrar a "roupaxe lingüística" mediante a selección dos vocábulos axeitados, dun ritmo apropiado e dunha orde correcta. Así mesmo, a elocutio comprende tamén o emprego de figuras retóricas.

Unha das figuras retóricas que Obama emprega neste discurso é a anáfora. A anáfora (do latín anaphora, e esta do grego ἀναφορά) é a figura retórica que consiste na repetición das primeiras palabras dun verso ou oración.

No discurso do actual presidente dos Estados Unidos podemos atopar varios exemplos de anáfora:
  • (...) O que xurda deste momento depende de nós. O que xurda deste momento non determinará se nos podemos sentar xuntos esta noite, máis ben se podemos traballar xuntos mañá. (...)
  • (...) "Quizá non teña moito diñeiro, pero teño esta gran idea para unha nova compañía. Quizá non veña dunha familia de graduados universitarios, pero serei o primeiro obter o meu grao. Quizá non coñeza a esas persoas en problemas, pero penso que podo axudalas e necesito tratar." (...)

12 mar 2011

Obama e Cicerón

Na serie de entradas que virán a continuación, os alumnos de latín de 2º de Bacharelato analizarán o discurso sobre o "Estado da Unión", que o presidente dos EEUU, Barack Obama, pronunciou na Cámara de representantes do Congreso de Estados Unidos de América o 25 de xaneiro de 2011.

É asombroso comprobar como seguen vixentes hoxe, 2.000 anos despois, as regras e preceptos da retórica antiga, tal e como as enunciara Marco Tulio Cicerón.

E máis aínda ver como o propio Obama se pon a se mesmo como exemplo de homo novus, igual que fixera tamén no seu momento o arpinate.

Temos aquí un fantástico exemplo de obra oratoria. Un discurso ben construído, que chega ao público, que o emociona, que o convence, pero que tamén o ensina, que agrada, que entretén, que expón ideas de xeito claro e conciso. En definitiva, que cumpre as vellas leis do delectāre, docēre, movēre et persuadĕre.

Entre toda a clase, mediante un documento compartido en Docs, fixemos a tradución ao galego dende o documento en castelán publicado pola propia casa blanca.

Os puntos a tratar serán os seguintes:
  • Orationis partes. Distinguir e analizar as partes do discurso.
  • Captatio benevolentiae. Como logra Obama atraerse ao auditorio nos primeiros momentos do seu discurso?
  • Movēre. Un dos recursos do orador para conseguir a finalidade que persegue (persuadĕre), é conmover ao público, tocar a fibra sensible. Como o consegue Obama neste discurso e en que partes do mesmo? 
  • Inventio. Enumerar os 10 puntos principais tratados na argumentatio.
  • Elocutio. Buscar exemplos no texto do exordium e a peroratio das seguintes figuras retóricas: Anáfora, Epífora, Pleonasmo, Hipérbole, Símbolo, Similicadencia ou Homeopto, Metáfora, Paralelismo, Elipse, Prosopopea, Enumeración.
 

Parte 2
Parte 3
Parte 4