Mostrando entradas con la etiqueta roma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta roma. Mostrar todas las entradas

28 abr 2011

Casa das Vestais

A casa das Vestais, contigua ao templo de Vesta foi contruída por Séptimo Severo, a casa contaba cun amplio atrio que servía de aloxamento a seis vírxenes cuxa función era manterse como tales e coidar do lume sagrado. Estas dúas funcións otorgábanlle algúns privilexios como por exemplo unha dote que o Estado lle concedía. Despois de trinta anos de obriga de castidade podían buscar marido e casarse ainda que moitas preferían quedar ao servicio da deusa Vesta. Este cargo era moi codiciado ainda que moitas arrepentíanse do seu voto. Se as descubrían nalgún engano eran fortemente castigadas, nalgúns casos ca morte.



*Reconstrución: Terrae Antiquae

*Imaxe actual: Dives Gallaecia

Templo de Saturno

O Templo de Saturno recibe tamén o nome de Aerarium xa que nel gardábase o tesouro nacional romano almacenando as reservas de ouro e prata. Ademáis, albergábanse os arquivos estatais, as insignias e a escala oficial para o peso de metais. Os restos que se conservan son dos máis antigos da zona. Construíuse entre 501 a.C. e 498 a.C.Este monumento está adicado a divindade agrícola de Saturno. No seu interior había unha estatua do propio deus ao que estaba adicado, dita estatua posuía unha gadaña, era de madeira e enchíase de aceite. As pernas da estatua cubríanse con talos de liño que só se retiraban o día da Saturnalia (17 de decembro).O Templo de Saturno sitúase no extremo occidental do Foro Romano en Roma. Este edificio marca o inicio do Clivus Capitolinus, o antigo camiño que levaba ao monte Capitolino.






















Templo de Hércules Víctor


O templo de Hércules Víctor, tamén chamado Hércules Olivario foi construído no 120 a.C. Estaba adicado a Hércules Olivarius, deus patrono dos mercaderes de aceite aínda que pola súa forma circular pensouse durante moito tempo que estaba dedicado a Vesta, deusa do fogar. Está situado o sur do Templo Portunus, no foro Boario de Roma. Este templo está composto por vinte columnas de mármol de estilo corintio. Foi convertida en igrexa no 1132 (Santo Stefano alle Carrozze) e no século XVII (Santa María del Sol) e está considerado como o edificio de mármol máis antigo de Roma. O seu posible escultor puido ser Hermodoro de Salamina.








Imaxe actual: Flickr


Templo de Cástor e Pólux


Este templo foi construído por orden do dictador Aulo Postumio Albino, debido a que estes dous personaxes anunciaron a victoria dos romanos contra os latinos na batalla do Lago Regilo 496 a.C. Este templo atópase no Foro Romano.
Foi reconstruido e embelecido en varias ocasións. O templo e foi períptero (pórticos columnados no perímetro exterior da cella), octástilo (oito columnas no frente) e con once columnas nos lados maiores de orden corintio.
Aínda que adicado aos Dioscuros, era máis popularmente coñecido como Templo de Cástor. Foi en varias ocasións lugar de reunión do Senado.







Imaxe reconstruída: Rome Reborn
Imaxe Actual : Flickr Dives Gallaecia

27 abr 2011

Basílica Iulia


A Basílica Iulia foi comezada por X. César, foi completada por Augusto e restaurada dúas veces despois de sufrir sendos incendios (9 e 283 d.C). Ocupa o lugar dunha basílica anterior, a Basilica Sempronia, construída no 170 a.C. por Tiberio Sempronio Graco. De grandes dimensións, podía albergar varios procesos xudiciais ó mesmo tempo. Nas escaleiras que dan á via nova podemos observar taboleiros de xogos (para as longas esperas) gravados na pedra



Reconstrución: Rome Reborn
Imaxe actual : Amphipolis

Templo de Antonino e Faustina


O templo de Antonio e Faustina destaca por ser un dos edificios mellor conservados do Foro. Foi construído no 141 d.C baixo a orde do emperador Antonino Pío tras a morte da súa muller, Faustina a Maior. Poucos anos despois, morreu o emperador e o Senado, decide consagrar o templo á ámbolos dous.



O templo de Vesta



O templo de Vesta está situado ao sur da Vía Sacra. É un dos templos máis antigos de Roma. Tiña forma circular e estaba elevado nun pedestal duns 15 metros de altura, a cella ( cámara interior ) estaba rodeada por vinte columnas corintias e o teito tiña unha abertura pola cal saía o fume. No templo gardábase o lume sagrado,que según se decía fora levado por Eneas desde Troya. O lume tiña que estar sempre encendido, tarefa da cal se encargaban as fillas do rei na Monarquía ou as Vestais, sacerdotisas de Vesta, na República. O templo estaba adicado a deusa do fogar e do lume, Vesta. Na actualidade, os restos do templo forman parte da última reconstrucción, xa que este sufriu varios incendios a causa do lume sagrado.

Aquí temos unha imaxe actual e unha reconstrucción do Templo de Vesta:







Imaxe actual: Flickr pprats
Reconstrución: Rome Reborn





26 abr 2011

Roma reconstruída

Lonxe xa doutra época onde, con sorte, a Historia da Arte podía ser mostrada cun proxector de diapositivas, hoxe temos á nosa disposición na rede infinidade de recursos para realizar un auténtico tour virtual polas rúas, monumentos e museos de Roma. Podemos, por exemplo, pasear polo Foro Romano actual con vistas panorámicas (360 cities), dar unha volta pola Fontana de Trevi (Google Street View) ou entrar, sen pagar entrada, nos mismísimos Museos Capitolinos.
Atopamos tamén varios sitios web onde nos ofrecen reconstrucións en 3D dos principais monumentos da Roma Antiga, como Rome Reborn ou Digital Romam Forum. Mesmo podemos recompilar unha colección propia de modelos en 3D realizados en Google SketchUp.
Hoxe, a tarefa para os alumnos de latín I será elixir un monumento e acompañar, xunto coa súa imaxe actual, outra da súa reconstrución hipotética, porque non debemos esquecer que iso é o que realmente son estes modelos, meras hipóteses de como terían sido no seu momento estas obras arquitectónicas que fixeron da Urbs a Caput Mundi.
Aquí temos ao edificio máis emblemático de Roma, o Coliseo, chamado así pola estatua colosal que mandou erixir o emperador Nerón e que estivo situada á beira deste monumental anfiteatro, comezado polo emperador Vespasiano e rematado polo seu fillo Tito, no último tercio do s. I d.C., chamado flavio en honor á súa familia, a gens Flavia.



*Reconstrución: Rome Reborn
*Imaxe actual: DivesGallaecia


8 may 2010

Cathedra

A cathedra era na antiga Roma unha butaca con brazos onde o mestre se sentaba para dar as clases. Desde ela recitaba as leccións e os alumnos, situados fronte a el no subsellium, collían apuntes. Este peculiar asento pasou ao longo do tempo a designar un cargo importante e un traballo fixo (de ahí a palabra catedrático). Actualmente temos termos como cadira, en catalán, e cadeira, en galego, que proveñen deste latinismo e que se acolleron ao significado de silla.

7 may 2010

A toga viril

A toga viril era unha vestimenta romana que significaba o paso da nenez á adolescencia. Antes de vestir esta toga, vestían a toga praetexta, con dúas bandas púrpuras.
A toga viril era lisa e branca, e podía ser usada por calquera cidadán romano en idade adulta. Unha vez se chegaba á idade adulta, o cidadán podería acceder a calquera maxistratura, ó chegar ós altos cargos, volvería a usar a toga praetexta.


Imaxe dunha toga viril romana the eggplant

Bibliografía:
Imaxe:

9 feb 2009

Piazza del Campidoglio


Recibe este nome por estar situada no alto do outeiro do Campidoglio, o máis pequeno dos sete outeiros de Roma. Neste lugar creáronse na época clásica importantes templos romanos, investíase a cónsules e remataban as marchas triunfais dos emperadores victoriosos.
Co paso do tempo, a praza pasou a estar nun estado de deixadez e as cabras usábana como lugar de pasto, polo que se coñecía como colle caprino (cumio caprino).
Esta situación continuou ata o 1536, ano no que o papa Pablo III lle encarga a Michellangelo a súa reconstrución ante a chegada de Carlos V a Roma.
Michellangelo proxectou a praza, dándolle unha nova orientación cara a Basílica de San Pedro, en lugar de cara o foro como estaba anteriormente. Tamén ordenou poñer no centro a escultura de Marco Aurelio nun cabalo (actualmente nos Museos Capitolinos) , situada anteriormente na praza de San Giovanni. A praza contou finalmente con tres pazos; Palazzo Senatorio (actual sede do Concello de Roma), Palazzo dei Conservatori e o Palazzo Nouvo, e ca escalinata chamada Cordonata que conta coas estatuas de dous leóns, de Cola di Renzio, de Cástor e Pólux e dous trofeos de armas de mármore chamados Trofei di Mario.
Alba Constenla

8 feb 2009

Templo de Antonino e Faustina.


É o edificio mellor conservado do Foro Romano. Ábrese na Via Sacra, a o este da Basilica Emilia, frente a Regia. Componse dunha cella construida en bloques de toba volcánica, en orixen revestida de mármol veteado, un pronaos de seis columnas de orde corintio no frente e outras dúas en cada lateral, dunha altura de uns dezacesete metros. O friso presenta unha decoración de grifos enfrentados e motivos vexetales.
A súa construción foi ordenada por Antonio Pio á morte da súa esposa Faustina la Mayor no 141 d.C. No século XI transformouse na igrexa de " San Lorenzo de Miranda".

O Panteón de Agrippa




O Panteón (do grego Πάνθειον, que significa ''templo de tódolos deuses'') é un edificio romano orixinalmente construído como un templo aos deuses da antiga Roma. Históricamente recoñécese que foi o xeneral Marco Vespasiano Agrippa quen construiu o primeiro panteón no ano 27 a.C. Destruido polo fogo no ano 80, Domiciano reconstruiuno e foi de novo víctima dun incendio.
No 120, Adriano, inspirado nos templos gregos, planeou o definitivo panteón composto por tres corpos: o pórtico da entrada chamado pronaos, o domo chamado rotunda e unha transición entre ambos. Aínda que a entrada é monumentalmente espectacular, o seu maior atractivo é o domo de forma perfectamente semiesférica, cuns 43'30 metros de diámetro e cunha apertura circular no seu centro chamada oculus e duns 8'2 metros de diámetro, que é a súa orixinal fonte de iluminación.
É o mellor conservado de tódolos edificios romanos, e tal vez a mellor conservada do mundo segundo a súa antigüidade.
Dende o século VII, o Panteón utilizouse coma unha igrexa cristiana. Actualmente, é a estructura abovedada máis antiga que sigue en pé en toda Roma.
O término xenérico de panteón emprégase actualmente para referirse a un monumento no que están soterrados mortos ilustres.

Templo de Cástor e Pólux

Cástor e Pólux considéranse segundo a mitoloxía grega como os Dióscuros (en grego fillos de Zeus) fillos xemelgos de Leda e Zeus e irmáns de Helena de Troia e Clitemnestra. A súa paternidade é confusa; a versión máis coñecida é que sexan fillos de Zeus, pero noutras afírmase que Helena e Pólux eran fillos de Zeus, e polo tanto inmortais, e que Cástor e Climnestra eran fillos de Tíndaro (o marido mortal de Leda).
Durante a batalla do Lago Regilio (496 a.C) entre romanos e latinos, Cástor e Pólux levaron á vitoria ós Romanos e, tras anunciar a derrota do inimigo, desapareceron. Recoñecéuselles como os Dióscuros e o ditador Aulo Postumio Albino, en agradecemento pola súa axuda, dedicoulles un templo. Diante deste, os cabaleiros ofrecían sacrificios no seu honor. O edificio sufriu varias restauracións e reparacións durante os derradeiros anos e tralo incendio do 14 a.C.
Cóntase que os dous irmáns queríanse tanto que cando Cástor morreu Pólux pediulle a Zeus que non os separase e conseguiu que lle dera ao seu irmán o don da inmortalidade.
Dise que a constelación Xéminis representa a estes xemelgos, e as súas estrelas máis brillantes chámanse Cástor e Pólux no seu honor.
Pola súa habilidade como xinetes e nas guerras foron os protectores dos xogos olímpicos e máis tarde, en Roma, dos xogos do circo.

O templo de Vesta



O templo de Vesta está situado no Foro Romano, ao sur da Vía Sacra. É un dos edificios conservados máis antigos de Roma. No seu interior gardábase o lume sagrado, en honor a Vesta, a deusa do lume e do fogar. Tiña que manterse vivo constantemente, así como outros obxectos sagrados ós que só o Pontifex Maximus e as sacerdotisas vestais tiñan aceso. Precisamente aos seus pés atopábase a Casa das Vestais.

O edificio foi reconstruído en varias ocasións, pero conservouse a entrada orientada cara o leste e a forma circular da planta (inspirada nas cabanas da Idade de Ferro), a última á cal pertencen os restos conservados é da época de Xulia Domna, esposa de Septimio Severo no ano 191. O templo elévase sobre un podio duns 15 metros de diámetro, e conta con vinte columnas corintias embebidas. O teito era cónico e tiña unha abertura para a saída do fume. Unha cavidade en forma de trapecio que se abre no podio parece ser a ubicación do penus Vestae, onde se conservaban os obxectos que Eneas trouxo de Troia: o Paladio (imaxe de madeira de Minerva) e as imaxes dos Penates.

7 feb 2009

O arco de Tito

Este arco do triunfo está situado na Via Sacra ó sudeste do Foro e ó sur do Templo de Venus e Roma. É unha representación da victoria da guerra contra os xudíos. Esta representación está constituída en figuras do real e do divino. Nunha das escenas pódese ver un personaxe con ielmo, (a deusa Roma) e noutra, aparece a "victoria", que aparece como un ser con alas que coloca a coroa de laureles ó emperador. Tamén consta dunha inscripción na cal se pode ler: "O senado e o Pobo de Roma, ó divino Tito Vespasiano Augusto, fillo do divino Vespasiano." No seu interior tamén se pode atopar un recadro no cal unha bóveda artesonada reproduce a apoteosis de Tito conducido ó ceo por un aguia.Trátase dun arco dunha única apertura que mide aproximadamente uns 15.40 m de altura, uns 13.50 m de ancho e uns 4.75 m de profundade, revestido de mármol pentélico.

6 feb 2009

Templo de Venus e Roma


O templo de Venus e Roma situase no extremo oriental do Foro Romano. Era un dos templos máis grandes de Roma e estaba adicado as deidades Venus e Roma.
Foi construído polo emperador Adriano, empezándose en 121 e rematado no ano 141 por Antonino Pío. Esa construción realizouse sobre os restos do Domus Aurea de Nerón.
No ano 307, sufriu un incendio e foi restaurado polo emperador Maxencio. Introducíronse entón novas formas arquitectónicas. Entre os anos 392 e 394 restaurouse de novo.
Foi destruído por outro incendio a principios do século IX e convertido nunha igrexa, Santa María Nova, polo papa León IV, pasando a chamarse Santa Francesca Romana en 1615.
Adriano introduxo na súa construción unhas inscricións nomeando as deidades, nunha a palabra amor, xa que Venus era a deusa do amor e amor, o revés, e Roma, producindo un efecto simétrico.
Actualmente atópase en bo estado, aínda que só se conserva parte do edificio.

5 feb 2009

Columna de Traxano

A columna de Traxano é un monumento que se atopa no Foro de Traxano, e que foi erguido no lugar onde antes se atopaba o outeiro do Quirinal. É de orde dórica e mide tanto como o outeiro que alí se atopaba anteriormente ( 30 m. aproximadamente). Esta columna é un agasallo que o pobo lle fixo a Traxano polas dúas campañas victoriosas levadas a cabo por el contra os dacios, as cales están representadas por todo o fuste da columna separadas pola representación da Victoria. A parte superior da columna estaba coroada ca estatua dunha águia, que posteriormente foi cambiada por unha de Traxano, e onde na actualidade reside a estatua de San Pedro.

Coloso de Nerón



A estatua orixinalmente foi erixida polo emperador Nerón no vestíbulo da Domus Aurea. A estatua foi deseñada polo arquitecto grego Zenodorus e nun primeiro momento representaba a Nerón nu, como Sol-Helios. Tras a morte do devandito emperador, a cabeza e os atributos foron cambiados por os de Sol, permanecendo a estatua na súa posición orixinal, ata que Adriano a trasladou varios metros para a construción do Templo de Venus e Roma, situándose o Coloso sobre un pedestal de cachotaría recuberto de mármore. Os restos que se conservaban do devandito pedestal foron destruídos en 1936.
Non se sabe exactamente cando caeu o Coloso.

Basilica Aemilia


Esta basílica romana foi edificada no 179 a. C. baixo as ordes de M. Fulvio Nobilior e Marco Emilio Lépido, ós que debe o nome de “Basílica Æmilia et Fvlvia”. Reconstruccións posteriores levaron a que acabara por ser denominada “Basilica Aemilia”, xa que foi ampliada en anos seguintes baixo o mandato da gens Aemilia. A última restauración da que se teñen datos é a sucedida despois dun incendio en 410 a. C. A Basílica Aemilia está formada por unha grande aula de 70 x 29 metros, dividida en naves por filas de columnas. A nave central, que mide 12 metros, encóntrase flanqueada por dúas ó norte e unha de menor tamaño ó sur. No seu pórtico sitúanse dous pisos con dezaseis arcos sobre pilastras e por detrás deste pórtico ábrense as tres entradas de acceso ó interior, situadas entre "tabernae". Aínda que a función principal das basílicas era ser o lugar de reunión dos tribunais, esta tamén serviu como centro de reunións comerciais, xa que se atopaba rodeada de tabernae (tendas romanas).