Mostrando entradas con la etiqueta latín científico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta latín científico. Mostrar todas las entradas

19 nov 2008

Octopus Vulgaris

O seu nome vulgarmente dito é: Polbo. Son moluscos mariños da clase Cephalopoda, da orde Octópoda. O seu significado:"oito pés".
A sua caracteristica principal é unha coroa de oito tentaculos con fortes ventosas na cabeza, arredor d boca.
Defendense con unha tinta que botan aos seus depredadores aparte de outras cousas.
Teñen 3 corazons, un delicado sentido do tacto e moita forza para o pouco corpo que se lles ve.
Poden alcanzar os 3 m de largo e os 12 kg de peso.
Os octopodos son uns polbos xtremadamente timidos.

18 nov 2008

Rubus ulmifolius

A silva ou silveira é un arbusto da familia das rosáceas, con talos espiñentos e que pode chegar a medir tres metros. É moi abondosa en Galicia. O seu froito é a amora, comestible e de cor morada, e dun doce sabor. Antes, a amora empregábase para tinxir a lar de cor negra. É unha planta que medra rapidamente e pode colonizar extensas zonas de bosque en pouco tempo.
(Eva Andrade)

17 nov 2008

Salmo trutta fario


Dúas son as especies de troita que predominan nos ríos galegos: a troita "Fario" (autóctona) e a troita "Arco Iris" (orixinaria de América). O normal é que a troita mida entre 15 e 25 ctms. en regatos e ríos de montaña, pero pode acadar até 1 metro en grandes ríos e encoros. Unha troita pode vivir ata 18-20 anos, aínda que o término medio está entre os 5 e 7 anos.A nosa troita autóctona é un peixe de pintas vermellas, negras, ou mestura das dúas; dependendo do lugar onde viva. Estas pintas teñen un halo blanco ó redor. Nos flancos presenta unha cor olivácea amarela; por riba no lombo é negruzca e por baixo tira a branca amarelada.
A troita é, sen dúbeda, a raíña dos peixes galegos.

Gallus gallus domesticus

A galiña e o galo son os nomes correspondentes á femia e ó macho da especie gallus gallus domesticus. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de proteína máis baratas (as galiñas fornecen ovos e carne). Posúen bico pequeno, crista carnuda e ás largas, que non lle permiten voar. As galiñas organízanse segundo unha orde xerárquica segundo a cal, a máis vella é a xefa do galiñeiro.

Vulpes Vulpes

O raposo é o animal carnívoro máis abundante do planeta, é un animal curioso e intelixente, sen embargo pola súa natureza sospeitosa e tímida obrígalles a evita-lo perigo.O raposo habita en todo tipo de hábitats, ainda que preferentemente busca cobixo en áreas de vexetación arbórea ou arbustiva, especialmente para as súas crías. Podemos atopar a especie vulpes vulpes silaceus en Galicia.
María Neira.

Quercus robur


Carballo:
Árbore de folla caducifolia, de crecemento lento e corteza gris negruzca e agrietada. É un tipo de árbole moi lonxeba, aveces ata milenaria. A súa floración é entre maio e abril e os seus froitos (as bellotas) maduran no outono dese mesmo ano.
Ángela Brea

16 nov 2008

Athyrium filix femina


Os fentos son plantas vasculares das Pteridophyta. Fórmana un rizoma carnoso e follas grandes moi divididas. É moi común en Galicia, son abondosas nas carballeiras onde forman extensas superficies e utilízanse como forraxe. Reprodúcense por esporas.
Segundo a área xeográfica recibe diferentes nomes: fieito, felgo, fenta, fieita, folgueira.

Mus Musculus Domesticus

Rato (mamífero), nome común que se aplica a calquera dos membros de tamaño pequeno de tres familias de roedores; unha das familias comprende unha especie ben coñecida: as ratas. A palabra rato non está ben definida nos diversos sistemas de clasificación; os ratos atópanse en grandes cantidades en todo o mundo e por razóns de conveniencia clasificáronse en dous grandes grupos: os ratos do Novo Mundo e os ratos do Vello Mundo.

15 nov 2008

Corynorhinus Townsendii


Máis coñecido como morcego e, vulgarmente, como "rata voadora", o Corynorhinus Townsendii pertence a unha orde de mamíferos voadores dos que as extremidades superiores se desenvolveron como ás. Mentras que outros mamíferos como o esquío voador só planean distancias limitadas, os morcegos son os únicos mamíferos que son realmente capaces de voar e ver na escuridade.
A estructura da á aberta é moi similar á da mán humana aberta e cuberta por unha membrana.

Jesús Neira Loureiro

Eucalyptus globulus

eucalipto.JPGO eucalipto ten o seu orixe en Australia e Tasmania. Chega a alcanzar os 70 metros de altura e 2 metros de diámetro.

Caracterízase e recoñécese polo feito de ter distintos e diferentes tipos de follas xoves (opostas, dentadas e acorazonadas) respecto as adultas (alternas, pecioladas, falciformes e acuminadas). As follas agrúpanse en ramas pequenas, creando unha copa de aspecto frondoso.

A plantación excesiva de eucaliptos é en moitos lugares un problema ecolóxico, ao diminuír a biodiversidade da flora e facilitar a propagación de incendios.

Rebeca Castro Hernández.

sambucus nigra

Bieiteiro, bieito, biouteiro, sabugo ou sabugueiro: é unha planta arbusiva, de 2 a 4 metros de altura.
Follas caducas.
Flores pequenas e brancas.
Moi apreciada polo seu froito posto que é moi bo purgante.
Madeira é dura,a cal utiliza para facer pequenas cousas.

Ten gran variedade de propiedades curativas, entre as que destacan as propiedades sudoríficas (estimula a transpiración) depurativas (purifica o sangue contribuíndo a eliminar os desechos). Ademais tamén presenta propiedades diuréticas (colabora no proceso de depuración do sangue ao eliminar as toxinas) e antinflamatorias (reduce as inflamacións). Por último, hai quen recomenda os cigarrillos feitos con follas secas de sabugueiro para deixar de fumar.

Paula Vázquez Touceda

14 nov 2008

Tetrao urogallus



A pita do monte é unha galinácea que actualmente se atopa en perigo de extinción, quedando algúns exemplares ó longo das zonas boscosas da Cornixa Cantábrica, os Pirineos, os Alpes e o Xura.
Acada uns 80 cm de altura e pesa preto de 5 kg. A súa plumaxe é de cor parda escura, con reflexos de cor verde no pescozo e no peito, cola negra en forma de abano e unha zona de cor vermella ou amarela á altura dos ollos.

En Galicia está presente exclusivamente nos Ancares e ten a catalogación de especie protexida dende 1986.
Andrea Barbeito Rebolo

Alnus Glutinosa



O abeneiro, tamén é coñecido como amieiro ou ameneiro. Atópase nas ladeiras húmidas, en zonas inundadas, nas beiras dos ríos...
Esta árbore pertence a familia das beuláceas.Mide sobre uns 20 ou 30 metros. A súa copa , ten forma cónica ou piramidal, a cal está moi poboada con follas arrendoadas cunha base puntiaguda e nas beiras, son onduladas e dentadas cunhas flores brancas. Estas flores, teñen forma de espiga.A súa madeira é moi resistente e tamén, doada de traballar.A corteza, ten propiedades mediciñales. Serve para combatir inflamacións de boca, para unha limpeza dental..
Tamara Alonso Ares

13 nov 2008

Mustela Nivalis


Donicela. Mamífero nocturno de cabeza pequena, patas curtas e pelaxe de cor parda no lombo e branca pola barriga, de movementos lixeiros e rápidos. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos bosques e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos roedores, aos que persegue ata nos seus tobos, debido á súa delgadez. Tamén chamada denociña, doniña ou donosiña.
María Prado Barros

Lutra lutra:



A lontra é un animal mamífero pertencente á orde carnívora e á familia dos mutecelidóneos. Vive en Europa, en Asia, na parte sur de América do Norte e ao longo de toda América do Sur, incluíndo Brasil e Arxentina. O seu hábitat natural é no litoral ou próximo ós ríos onde busca alimentos como peixes, crustáceos, réptiles e menos frecuentemente aves e pequenos mamíferos.
A lontra adulta mide de 55 a 120 cm de lonxitude e pesa ata 15 kg.

Noelia Diéguez Sueiro 1ºC

Ulex europaeus


O toxo, toixo, árgoma ou touxo é unha planta endémica de Galicia e do norte de Portugal. É un arbusto espiñento moi ramificado e con espiñas finais, carece de follas e ten pequenas flores amarelas que reciben o nome de chorima ou xorima.
Dise que "o toxo sempre está en flor en Galicia", isto é debido a que hai tres especies de toxo que florecen en distintas épocas do ano. O ulex nanis (toxo gateño, molar ou mouro) é o máis pequeno e florece no outono, o ulex galli (toxo femia) é máis grande que o anterior e florece a mediados do verán e o ulex europaeus (toxo arnal) é o máis grande e florece na primavera e a principios do verán.
Usábase tradicionalmente como estrume para as cortes e había que apañalo cando aínda era novo e tiña pouca altura. Forma as coñecidas toxeiras.

Alba Constenla

Sus scrofa domestica:

O porco doméstico ten un corpo pesado e redondeado; fuciño comparativamente longo e flexible; patas cortas con pezuñas e unha cola curta. A súa pel, grosa pero sensible, está cuberta en parte de ásperas cerdas e exhibe unha amplia variedade de cores e debuxos. Son animais rápidos e intelixentes.

11 nov 2008

O latín científico: flora e fauna de Galicia

Trala idade Media e o Renacemento chegamos nos séculos XVII e XVIII a un fase na evolución do latín culto que coñecemos como latín científico.
Os grandes homes da ciencia escriben en latín: Descartes, Spinoza, Leibniz..
Pero aquí queremos destacar a un home, o sueco Linneo, que ideou un sistema de clasificación dos seres vivos que aínda perdura hoxe.
Os alumnos de 1º de bacharelato de latín comezarán esta semana unha serie de entradas sobre os elementos máis representativos da fauna e flora de Galicia, usando no seu título esa lingua que algúns pretenden morta, pero que aínda segue dando moito que falar...
Se queres comprobalo podes ler estes recentes artigos de prensa onde nos falan dun novo fieito invasor (Azolla filiculoides), unha nova especie de reptil voador (Nemicolopterus crypticus) ou dun polbo que chegou do xeo (Megaleledone setebens)