Mostrando entradas con la etiqueta "Crise da República". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "Crise da República". Mostrar todas las entradas

23 ene 2011

Victoria sobre Iugurta.

Liber V [1] (...) Ergo Marius post victoriam Iugurthinam secundo consul est factus bellumque ei contra Cimbros et Teutones decretum est. Tertio quoque ei et quarto delatus est consulatus, quia bellum Cimbricum protrahebatur.(...)

"Así pois, Mario foi proclamado cónsul por segunda vez despois da victoria sobre Iugurta e foille asignada a guerra contra os cimbros e os teutóns. O consulado foille concedido por terceira e cuarta vez, posto que a guerra cos cimbros se prolongaba"


Cayo Mario foi un político e militar romano que ao longo da súa vida foi escollido cónsul sete veces; tivo varios éxitos militares. Cando todo parecía ir ben na súa carreira política, unha nova crise militar, en Numidia, permitiríalle de novo volver a presentarse como militar capaz ante a opinión pública. A guerra de Iugurta (112-105 a.C.), desenvolvida entre númidas e romanos, toma o seu nome do sobriño do rei de Numidia, Micipsa.

*Imaxe tomada de google imaxes. É a imaxe dun libro que mostra a guerra contra Iugurta.

A morte de Cleopatra

Liber VII [7] Hic quoque ingens bellum civile commovit cogente uxore Cleopatra, regina Aegypti, dum cupidate muliebri optat etiam in urbe regnare. Victus est ab Augusto navali pugna clara et ilustri apud Actium, qui locus in Empiro est, ex qua fugit in Aegyptum et desperatis rebus, cum omnes ad Augustum transirent, ipse se interemit. Cleopatra sibi aspidem admisit et veneno eius extincta est. Aegyptus per Octavianum Augustum imperio Romano adiecta est. (...)

"Este tamén orixinou unha gran guerra civil sendo incitado pola súa muller Cleopatra, raíña de Exipto, que con desexo feminino desexaba tamén reinar na Cidade. Foi vencido por Augusto nunha célebre e ilustre batalla naval preto de Accio, que está situado en Epiro, desde onde fuxe a Exipto e en situación desesperada, ao se pasar todos ao bando de Augusto, se suicidou. Cleopatra arroxouse un áspide contra si e foi morta polo seu veleno. Exipto foi engadido por Octaviano Augusto ao Imperio Romano" (...)

Tras a victoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio na batalla naval de Accio no ano 31 a.C., Octavio Augusto conseguiu entrar con facilidade en Alexandría. Marco Antonio recibiu un informe falso no que se lle comunicaba a suposta morte de Cleopatra. Ante esta situación, non viu outra saída máis que a morte, polo que se matou coa súa propia espada. Cando Cleopatra soupo o que lle acontecera ao seu amante, e consciente de que a situación na que se atopaba non era moito máis optimista, xa que o máis probable sería que a convertisen nunha simple escrava máis, decidiu tamén poñerlle fin á súa vida. Para iso, pediulle ás súas escravas que lle trouxesen unha cobra exipcia, que ela aproximou ao seu peito, onde o áspid a mordeu, introducíndolle no corpo o seu veleno mortal.

* Imaxe tomada da Wikipedia. Trátase do famoso cuadro "A morte de Cleopatra", de Reginald Arthur, no cal se representa como a raíña exipcia puxo fin á súa vida.

A morte de César.

Liber VI. [25] Praecipui fuerunt inter coniuratos duo Bruti ex eo genere Bruti, qui Primus Romae consul fuerat et reges expulerat, et C. Cassius et Servulius Casca. Ergo Caesar, cum senatus die inter ceteros venisset ad curiam, tribus et viginti vulneribus confossus est. 

"Os principais entre os conxurados foron os dous Brutos da familia de Bruto, que fora o primeiro cónsul de Roma e expulsara aos reis, e Casio e Servelio Casca. Así pois, César, despois de chegar á Curia no día da sesión do Senado, foi apuñalado con vinte e tres coiteladas".

No mes de marzo do ano 44 a.C., un grupo de senadores convocaron a César no foro para lerlle unha petición cuxo fin era devolverlle o poder efectivo ao Senado. Marco Antonio, quen xa fora avisado, intentou detelo antes de entrara á reunión, pero César foi interceptado e conducido a unha habitación. Cando comezou a ler a petición, Tulio Cimber tiróulle da túnica e, ante a protesta de Xulio César, Casca asentoulle un corte no pescozo.  Aínda que intentou escapar, os seus agresores aproveitaron a súa caída nas escaleiras do foro e déronlle morte con vinte e tres puñaladas. 

Fotografía de Wikipedia na que se mostra a estatua de Xulio César en Rimini, unha provincia italiana.

A conxuración de Catilina


Liber VI. [15] M. Tullio Cicerone oratore et C. Antonio consulibus, anno ab urbe condita sexcentesimo octogesimo nono, L. Sergius Catilina, nobilissimi generis vir, sed ingenii pravissimi, ad delendam patriam coniuravit cum quibusdam claris quidem, sed audacibus viris. A Cicerone urbe expulsus est. Socii eius deprehensi in carcere strangulati sunt. Ab Antonio, altero consule, Catilina ipse victus proelio est et interfectus.


" Sendo cónsules o orador Marco Tulio Cicerón e Caio Antonio, no seiscentos oitenta e nove despois da fundación da Cidade, Lucio Sergio Catilina, home de ilustre familia, pero de carácter depravado, tramou unha conxura para destruír a patria con algúns ilustres pero audaces homes. Foi expulsado da cidade por Cicerón. Capturados os seus compañeiros foron estrangulados no cárcere. O mesmo Catilina foi vencido no combate e morto por Antonio, o outro cónsul."

Lucio Sergio Catilina foi un seguidor de Sila, foi nomeado gobernador en África e acusouselle de abuso de poder mentres exerceu o seu cargo. Catilina iniciou unha serie de conspiracións para conseguir o poder, nas que estivo implicada unha parte da nobreza romana, entre a que se encontraba César. Catilina fracasou nas súas primeiras conspiracións pero no ano 62 fixo o último intento para poder destruír a patria pero non o conseguiu debido a que foi descuberto por Cicerón, un dos seus adversarios. Catilina compareceu ante o senado
e Cicerón mediante catro discursos (Catilinarias) denunciouno e obrigouno a fuxir de Roma. Pero este reuniuse en Etruria co exército de Caio Manlius, que foi vencido polas tropas fieis á República. Finalmente Catilina morre na batalla de Pistoia por o cónsul Caio Antonio e os seus seguidores foron executados en Roma.

Imaxe de Wikipedia

Marco Antonio e Cleopatra

Liber VII. [6] Interim Pompeius pacem rupit et navali proelio victus fugiens ad Asiam interfectus est. Antonius, qui Asiam et Orientem tenebat, repudiata sororem Caesaris Augusti Octaviani, Cleopatram, reginam Aegypti, duxit uxorem. Contra Persas etiam ipse pugnavit. Primis eos proeliis vicit, regrediens tamen fame et pestilentia laboravit et, cum instarent Parthi fugienti, ipse pro victo recessit.

"Mentres tanto, Pompeio rompeu a paz e, vencido nunha batalla naval, foi asasinado ao fuxir a Asia. Antonio, que ocupaba Asia e Oriente, despois de repudiar á irmá de César Augusto Octaviano, casou coa raíña de Exipto, Cleopatra. Tamén loitou el mesmo contra os persas. Venceunos nas primeiras batallas, sen embargo, ao volver sufriron fame e peste e, como o acosasen os partos mentres fuxía, regresou como vencido."

Este párrafo do Liber VII de Eutropio narra o asasinato de Pompeio tras ser derrotado na batalla de Farsalia na súa fuxida e como Marco Antonio repudiou á súa cuarta muller, Octavia Minor, irmá de César Augusto, e casou de novo con Cleopatra VII, raíña de Exipto, coa que xa tivera dous fillos.

Marco Antonio intentou conquistar o territorio parto, invadindo antes Armenia, onde buscaba o apoio do rei Artavasdes. Cando Antonio se dirixiu á capital da Media Atropatene, cometeu o erro de non deixar guarnicións no territorio armenio, situación que foi aproveitada polo rei armenio para cambiar de bando. Así pois, os xinetes partos atacaron as liñas de abastecemento de Marco Antonio, deixandoo sen subministros nin medios de asalto. Ante esta situación, Antonio tivo que regresar a Siria en pleno inverno, sufrindo baixas de 30.000 homes, moitos deles veteranos de guerra difíciles de substituir.

Fotografía tomada da Wikipedia, que representa un busto de Marco Antonio, que se pode atopar nos Museos Vaticanos.

21 ene 2011

A terceira guerra servil

Liber VI, [7] Et in Italia novum bellum commotum est. Septuaginta enim et cuattuor gladiatores ducibus Spartaco, Crixo et Oenomao effracto Capuae ludo fugerunt. Et per Italiam vagantes paene non levius bellum in ea, quam Hannibal moverat, paraverunt.

"E de repente en Italia estourou unha nova guerra. Setenta e catro gladiadores dirixidos por Espartaco, Criso e Enomao, fuxiron logo de destruír a escola de gladiadores de Capua. Vagando por Italia prepararon unha guerra non menos grave ca a que provocara Aníbal".

No ano 73 a.X., (xa na República) un grupo de gladiadores planearon a súa fuxida da escola de gladiadores de Capua iniciando así a Terceira Guerra Servil. Vencendo ás forzas do exército romano armáronse con utensilios militares aumentando a súa potencia de ataque. No Vesubio, venceron a Glabro e os seus homes atacando polo flanco ao igual que derrotaron ao pretor Varinio. Tras as victorias sobre os exércitos consulares no Gargano, Marco Licinio Craso, fíxose co mando das lexións, que recibiron o apoio das lexións Pompeio e de Lúculo, que na batalla do Río Silario aniquilaron aos 60.000 homes de Espartaco.


Fotografía de Adri H en Flickr. En imaxe o Vesubio, onde se refuxiaron os escravos tras abandonar a escola de gladiadores.

20 ene 2011

César en Alexandría

Liber VI. [22] Mox Caesar Alexandriam venit. Ipsi quoque Ptolomeus parare voluit insidias, qua causa bellum regi inlatum est. Victus in Nilo periit inventumque es corpus eius cum lorica aurea. Caesar Alexandria potitus regnum Cleopatrae dedit, Ptolomaei sorori, cum qua consuetudinem stupri habuerat.

"En seguida César chegou a Alexandría. Tolomeo quixo prepararlle unha emboscada a el mesmo, causa pola que a guerra lle foi declarada ao rei. Foi vencido no Nilo e o seu corpo foi atopado cuberto cunha coraza de ouro. César, facéndose co reino de Alexandría, doullo a Cleopatra, a irmá de Tolomeo, coa que habitualmente mantivera adulterio"

Despois de que Pompeio fose vencido por César en Farsalia no ano 48 a.C buscou refuxio en Exipto, onde atopou todo o contrario do que buscaba: a morte, posto que o faraón mandou asasinalo para conseguir o apoio de César contra Cleopatra. Foi deste xeito casual, é dicir, perseguindo a Pompeio, como César chegou ata Alexandría. Unha vez alí resolveu o conflicto dinástico que mantiña enfrontados a Cleopatra e Ptolomeo; para lograr tal fin César fíxose co control de Exipto e entregoulle o mando á raíña Cleopatra, coa que mantivo unha relación.
En canto a Ptolomeo, cabe dicir que rematou morrendo no Nilo cando César puxo en fuga aos expcios río arriba, e foi recoñecido gracias á coraza de ouro que portaba.

*imaxe extraída da wikipedia- Cleopatra e César de Jean-Léon Gérôme

17 ene 2011

A crise da República nos textos de Eutropio

A historia de Roma no século I a.C. é unha das etapas más apaixoantes da Historia Universal. Esta época convulsa e violenta, trouxo consigo 3 guerras civís, unha guerra social e innumerables revoltas nas rúas da capital, pero tamén foi a época onde viviron algúns dos personaxes máis relevantes e que marcarían o destino da cidade para sempre. Foron os tempos de Mario, de Sila, de César e Pompeio, de Marco Antonio e Cleopatra,  e tamén os de Cicerón e Catulo.
O traballo consistirá en buscar un pequeno texto de Eutropio (libros V, VI e VII) que ilustre algún dos episodios máis representativos desta época, e acompañalo da súa tradución e unha pequena introdución histórica. Aquí vos queda un exemplo. Respecta o estilo do mesmo (negriñas, cursivas, etiqueta, libro e parágrafo do texto, etc.)

Liber VI. [20] Caesar vacuam urbem ingressus dictatorem se fecit. Inde Hispanias petiit. Ibi Pompeii exercitus validissimos et fortissimos cum tribus ducibus, L. Afranio, M. Petreio, M. Varrone, superavit. Inde regressus in Graeciam transiit, adversum Pompeium dimicavit. 

"César proclamouse dictador despois de entrar nunha Roma baleira. Dende alí marchou cara ás provincias de Hispania. Alí, venceu aos poderosos e ben preparados exércitos de Pompeio que contaban con tres xenerais, Lucio Afranio, Marco Petreio e Marco Varrón. Ao seu regreso cruzou a Grecia e loitou contra Pompeio".

Tras atravesar o Rubicón César encamiñábase a unha guerra civil. Decidiu marchar contra Roma, onde agardaba Pompeio, quen, temendo ás lexións do seu rival, marchou da cidade cara ao sur, onde tiña as súas tropas. Fíxose forte entón en Grecia e en Hispania, ata donde marchou César, que venceu primeiro aos seus lugartenentes Petreio, Afranio e Varrón na batalla de Ilerda (Lleida), e logo ao propio Pompeio en Farsalia, Grecia.

* Imaxe de mmarftrejo en Flickr - Estatua de César ante o mercado de Traxano en Roma, avenida dos foros imperiais.