Mostrando entradas con la etiqueta Educacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educacion. Mostrar todas las entradas

9 may 2010

Grammaticus


Era o mestre da adolescencia entre os 12 e os 16 anos, estaba mellor pagado que os anteriores debido en parte a que estaba mellor considerado socialmente. Encargabase de ensinar literatura latina e grega ( os autores clásicos), filosofia e ciencia; esto basado no sistema educativo grego.A súa intención era o perfecto dominio da lingua e facianse comentarios de texto tanto gramaticais como métricos e utilizabase a estratexia da memorización.

8 may 2010

Caput aut navis?

Caput aut navis é un xogo de azar inventado pola Antiga civilización romana para o entretemento dos cativos. Consiste en decantarse, cada un dos dous xogadores, por un lado da moeda, ben sexa caput (cabeza) ou navis (cruz). A continuación, lánzase a moeda cara arriba e cóllese coa man. O gañador será aquel que a súa elección coincida co lado da moeda visible. Así pois, cada un dos xogadores ten o 50% de probabilidades de gañar ou perder. Normalmente, este xogo tradicional tamén é empregado como elección do equipo a xogar nun partido de fútbol e recibe un nome distinto dependo do país no que se desenvolva, por exemplo, mentres que en Chile, Colombia, Venezuela ou Ecuador é chamado cara o sello, en México recibe o nome de águila o sol/ águila o sello, xa que un das caras da moeda ten sempre unha aguia.

Foto de albagre

7 may 2010

A toga viril

A toga viril era unha vestimenta romana que significaba o paso da nenez á adolescencia. Antes de vestir esta toga, vestían a toga praetexta, con dúas bandas púrpuras.
A toga viril era lisa e branca, e podía ser usada por calquera cidadán romano en idade adulta. Unha vez se chegaba á idade adulta, o cidadán podería acceder a calquera maxistratura, ó chegar ós altos cargos, volvería a usar a toga praetexta.


Imaxe dunha toga viril romana the eggplant

Bibliografía:
Imaxe: