Mostrando entradas con la etiqueta paau. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paau. Mostrar todas las entradas

21 oct 2010

Ante Meridiem





ante meridiem: esta expresión latina indícanos o período do día que abarca as horas posteriores á medianoite e as anteriores ao mediodía. Represéntase coa abreviatura a.m.

  • Cualquiera de los cien mil españoles que se pasean y habitan la "vieja y joven" capital del Empire podía haber sido víctima de la masacre, que al final se ha saldado con una cifra superior a 50 fallecidos y 700 heridos. Madrid, 11-M, 8:00 A.M. (Faro de Vigo, 10/07/05). Ver texto completo


*Imaxe de Tim Engelhardt

19 oct 2010

Casus belli

Casus belli: “Causa de guerra”. Motivo polo que empeza unha guerra ou un conflicto.

  • El asunto ha sido considerado casus belli por varios grupos conservadores, con Focus on the Family a la cabeza, que consideran absolutamente fuera de lugar ese acto y piden a las escuelas que no lo emitan y a los padres que no envíen ese día a sus hijos a clase. (El país, 08/09/2009) Ver texto completo
  • Industria prepara un duro pulso con Argelia por los precios del gas. El Gobierno apoyará a Gas Natural Fenosa pero no hará casus belli el litigio. (El país, 12/10/2010) Ver texto completo 
*Imaxe de Flickr, autor julianrod.

    AD KALENDAS GRAECAS


    Esta expresión latina significa " para as calendas gregas", é dicir, nunca, xa que en Grecia non existían as calendas (división do mes romano). Dicía Suetonio que esta frase era empregada con frecuencia polo emperador Augusto nas reunións familiares, para indicar que alguén non pagaría nunca. Unha expresión equivalente no galego sería esta: "cando as ras críen pelo".
    Pódese atopar algún exemplo deste latinismo na prensa da actualidade.

    • Y esta decía que algunas deudas de la primera guerra muncial (unos 3.076 millones de euros de hoy correspondientes a intereses) quedaban en suspenso hasta que Alemania volviera a estar reunificada, algo que en un país destruido física y moralmente, ocupado, dividido y con la Guerra Fría en sus inicios, parecía más una versión del ad kalendas graecas que una previsión realista de cumplimiento total del tratado. (El País, 03/10/2010). Ver texto completo

    Imaxe de Saint Ignatius J Reilly en Flickr.

    Et cetera.

    Et cetera: "E as demáis cousas", "e o restante". É unha expresión empregada para sustutuír ao resto dunha enumeración que ou ben se sobrentende polo contexto ou non se quere expresar. O máis común é que aparece abreviada: etc.

    • Bernstein, Lennon y McCarntney, Arlen, Kern, Rodgers, Gershwin, Mancini, etc. (La Razón, 18/10/2010) Ver texto completo 

    18 oct 2010

    Alea iacta est


    Alea iacta est: "A sorte está botada". Sentencia atribuída a César ao cruzar o Rubicón e marchar contra Roma. Dise cando se toma unha decisión importante e non hai volta atrás.
    Algúns dos usos que se lle seguen a dar a este latinismo témolos nos exemplos seguintes atopados na prensa:
    • "Alea iacta est". La frase de Julio César en la víspera de la batalla de Munda martillea el cerebro de otro conquistador, en este caso de gloria deportiva, cada vez que sale a la central de Roland Garros. (ABC, 11-06-07). Ver texto completo.
    • La presión pública, mediática y política calma por segundo día consecutivo con las rebelaciones sobre Luis Bárcenas en el sumario del "caso Gürtel" mientras Mariano Rajoy se atrinchera en silencio como respuesta. Sin embargo, esa misma tarde el líder del PP toma la decisión, "alea iacta est". (El Mundo, 08-04-010). Ver texto completo.
    *Imaxe de PtM 1985 en Flickr

    Do ut des

    Do ut des: “Dou para que me des”. Fundamento das relacións con intereses recíprocos, como poden ser as dos homes e os deuses na relixión. Cabe decir que existe outro latinismo que reflexa esta mesma idea pero para intercambio de favores ou calquer tipo de relación social; dito latinismo é quid pro quo.

    • El cardenal Rouco Varela pide que se eviten actitudes, palabras y estrategias que puedan derivar en confrontaciones violentas. Tras señalar que es necesario activar la solidaridad, Rouco ha dicho que, en todo caso, «la justicia debe ir más allá de la mera justicia del 'do ut des'(»doy para que dés«), de la justicia conmutativa y distributiva, y llegar a la justicia social». (La Voz De Galicia, 24/11/2008) Ver texto completo
    • El gobierno prepara una iniciativa legislativa para hacer más clara la financiación de los partidos políticos, evitar aportaciones empresariales incontroladas, que pasan siempre factura de «do ut des» una vez en el poder, y dejar que sean los ciudadanos los que financien de forma transparente, en su declaración de la renta por ejemplo, la opción que prefieran. (La Voz De Galicia, 24/08/2004) Ver texto completo

    Imaxe de flickr por Pierdante Romei onde uns músicos nos ofrecen a súa música a cambio de diñeiro.

    Doctor Honoris Causa

    Doctor Honoris Causa é un latinismo que poderíamos traducir como "doctor por causa de honor". Este termo emprégase para referirse ao título honorífico que unha universidade concede a unha persoa eminente, co obxectivo de premiar e honrar a súa contribución a un ámbito específico ou á sociedade en xeral.

    Este latinismo está moi presente na prensa, debido en parte á gran cantidade de personalidades que reciben este título.

    (...) A Berhanyer, honoris causa por la Universidad de Harvard, le ofrecieron ser el diseñador de Dior y, aunque parezca mentira, lo rechazó. "Me llamaron cuando Yves Saint-Laurent dijo que lo dejaba. Pero, al revés que hoy, cuando un diseñador trabajaba para una gran casa no se le conocía, y pensé: 'Ahora que empiezo a tener fama, ¿voy a diseñar para otro y que mi trabajo salga bajo el nombre de Dior?'. (El País, 22/09/2009) Ver texto completo.

    Cave canem

    Cave canem: “Coidado co can”. Inscrición na entrada de moitas casas romanas, gravada nun mosaico cun can atado por unha cadea.

        * Y, sin abandonar el tono educado, advierten de que es imposible vagar por esas calles sin que aparezcan los patrulleros de un cuerpo privado de seguridad de Bel-Air: Cave Canem. Muchas casas carecen de vallas y están expuestas. (El Mundo, 16/07/2007) Ver texto completo
    Imaxe de Fabio_ en Flickr

    16 oct 2010

    Corpus delicti



    Corpus delicti,
    "corpo do delito". Este latinismo fai referencia a proba material dun feito delitivo. Esta locución é empregada habitualmente polos forenses.
    (...) Y si a Sarkozy no le gusta lo que ella dijo el martes que no mire su página en la wab de la Comisión Europea donde el texto de su discurso y su propia lectura desde el podio están a la vista de todos, corpus delicti incluido: Esto es una situación que nunca había pensado que Europa volvería a ver tras la II Guerra Mundial. (El Pais 18/09/2010). Ver texto completo.

    (...) Díez recuerda que el Tribunal Supremo, en aras del principio de inocencia y tutela judicial efectiva, exige la presencia del 'corpus delicti' como presupuesto indispensable para acreditar la muerte, y de este modo, poder atribuir la autoría del delito a una persona. (El Correo Gallego, 19/02/2009). Ver texto completo.

    Alma máter

    Alma máter é unha expresión procedente do latín que significa literalmente "nai nutricia"; institución que vela polos cidadáns, que os alimenta.
    Esta locución era empregada na Antiga Roma para describir á Deusa Nai, como por exemplo a Ceres ou a Cibeles, e no Medievo para a Virxe María. Actualmente aparece no lema da universidade occidental máis antiga e en funcionamento ininterrumpido, a universidade de Bolonia: Alma Mater Studiorum, e aparece representada en esculturas en diferentes universidades como na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, na Universidade de Denver ou na Universidade de Columbia en Nova Iorque.

    "El deportista español es algo más que el tenista número uno del mundo; es el único capaz de ganar con la misma facilidad en tierra, su alma máter a la que ha de regresar cada cuanto como Anteo para recargar baterías; en la hierba, medio rala o restallante de verdor de Wimbledon; o en la variedad de canchas duras desde las que rebotan las bolas al cielo o conceden algún tiempo extra a la filigrana." (El Páis 15/09/2010) Ver texto completo


    15 oct 2010

    Tempus Fugit

    Chegou a hora de que os alumnos de latín de 2º de Bacharelato do MGB comecen a deixar a súa pegada nesta bitácora, e que mellor que mostren unha parte do gran traballo que están a facer na wiki PaulatimGallaecia, onde cada día suman os seus esforzos na procura de materiais que lles permitan afrontar as probas da selectividade, PAAU, de Galicia.
    Non sería xusto esquecer as promocións que os precederon, aos que, se nos len, aproveito para saudar e mandarlles os nosos mellores desexos na súa nova etapa no mundo universitario.
    Desta vez imos falar de latinismos, de ese latín vivo de uso cotiá, inmerso xa na nosa lingua, e de moi frecuente aparición na prensa escrita. Grazas ao hipertexto poderemos ilustrar con exemplos cada expresión, ao mesmo tempo que buscamos unha imaxe con licenza CC para darlle vida ao significado.

    Tempus fugit, «o tempo foxe», «O tempo escápase» ou «O tempo voa» invitando a non perdelo. A expresión aparece por primeira vez nos escritos das Xeórxicas, poema escrito polo poeta romano Virxilio. 
    A frase exacta é: sed fugit irreparabile tempus, singula dum capti circumvectamur amore (...) Mais foxe mentres tanto, foxe de xeito irreparable o tempo, mentres imos a un lado e a outro, prisioneiros do amor ás pequenas cousas (...)
    Esta frase latina atópase a miúdo inscrita na carátula dos grandes reloxos de péndulo. Nalgúns reloxos de sol pode atoparse tamén esta frase completa: 
    «Tempus fugit, sicut nubes, quasi naves, velut umbra». O tempo voa, como as nubes, como as naves, como as sombras.

    (...) En comparación con estes inmensos períodos de tempo que acabamos de sinalar, unha vida humana non é máis que un breve destello no decurso da vida do noso planeta. «Tempus fugit». (A voz de Galicia, 18/12/2009) Ver texto completo.


    * Imaxe de Olga Díez en Flickr