Mostrando entradas con la etiqueta romanización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta romanización. Mostrar todas las entradas

3 mar 2009

A cidade de Segóbriga

Segóbriga é actualmente un dos enclaves arqueolóxicos romanos máis importantes da Península Ibérica, exactamente a antigua cidade está situada na localidade de Saelices, provincia de Cuenca. Alí podemos atopar numerosos restos do que foi a antiga civilización romana, non só todo tipo de edificacións como o teatro, as termas, as murallas, a ciudadela, senón que aínda se conservan as estruturas típicas dunha cidade romana. Segóbriga destacou por ser unha cidade dedicada principalmente o comercio polo que a súa actividade era constante, o que fixo que a cidade se desenvolvese ata converterse nunha das máis importantes na Hispania. A súa acuñación de cinco series de moedas é unha clara mostra da grandeza da cidade ademáis das grandes edificacións que aínda se conservan en moi bo estado.

*Imaxe: o teatro romano de Emerita Augusta visto por Pablo Arias

2 mar 2009

Lucus Augusti


A cidade de Lucus Augusti foi fundada entre os anos 26 e 12 a.C por Paulo Fabio Máximo, legado de César Augusto en cuxo honor chamouna Lucus Augusti, nome do cal deriba o actual Lugo que lle da nome a esta cidade e a unha das provincias que conforman a comunidade autónoma de Galicia.

A palabra latina “lucus” significa “claro” ou “bosque sagrado” .

A cidade de Lucus Augusti foi no tempo dos romanos un conventus iuridici .

A cidade foi fundada sobre un campamento militar instalado antes das Guerras Cántabras . Trátase da capital máis antiga da Gallaecia.Inicialmente estableceuse como un campamento militar romano e posteriormente converteuse nunha das tres capitales administrativas da Gallaecia ( as outras dúas eran Bracara Augusta e Astorga ) .

Tempo despois cando o interese histórico se centrou no descubremento do sepulto do apóstolo e a reconstrucción de Bracara Augusta a cidade lucense foi perdendo interes e dise que naquela época quedou deserta.A configuración urbanística da cidade remóntase á Alta Idade Media, a mediados do século VII e ca chegada do bispo Odoario a cidade estaba reducida a ruinas. Éste decidiu soterrar tódolos restos romanos e reconstruir a cidade.

Así a urbs romana converteuse no locus eclesiástico, núcleo do actual burgo.


O monumento mais representativo da cidade de Lucus Augusti son sen dúbida algunha as súas murallas, as cales datan de finais do século III e principios do IV.Estas murallas foron noutro tempo a principal defensa da cidade romana.Tamén se pode destacar dentro dos seus numerosos monumentos os mosaicos de Dédalo e Pasífae (atópanse no museo de Lugo) ,as termas, unha ponte romana, Santa Eulalia de Bóveda e restos de casas romanas que inda hoxe saen á luz cando se escaba na zona antiga da cidade.

CLUNIA


A Colonia Clunia Sulpicia é unha cidade romana situada no Alto do Castro, a máis de 1.000 metros, entre as localidades de Coruña del Conde e Peñalba do Castro, no Sur da provincia de Burgos (España). Tratouse dunha das cidades romanas máis importantes da metade norte de Hispania e foi a capital dun convento xurídico na provincia de Hispania Citerior Tarraconensis o denominado Conventus Cluniensis. A cidade estaba situada na vía que ia de Caesaraugusta (Zaragoza) a Asturica Augusta (Astorga). Clunia é un topónimo de orixen arévaco. Os arévacos eras una tribu prerromana que partencia á familia dos celtíberos.
En Clunia, o politico e militar Quinto Sartorio resistiu os ataques de Pompeio durante 20 anos, quen destruiu a cidade no 72 a. C.Anos máis tarde, a cidade fundouse ex novo na época do emperador Tiberio, dentro da provincia Hispania Citerior Tarraconenses Primero concedeuselle o rango de municipium, e emitiu moeda fraccionaria. As súas reliquias son un teatro que foi excavado na roca, varias domus con mosaicos, rúas, restos das edificacións do foro e unha gran cloaca. Así como importantes descubrimentos como a efigie de Isis e un torso de Dioniso, que se conservan no Museo Arqueológico Nacional de Madrid e no de Burgos. Tamén unha gran cantidade de moedas, restos epigráficos, cerámica romana (sigillata) …

23 feb 2009

Emerita Augusta



A cidade de Emerita Augusta foi fundada no ano 25 a.C polo emperador Octavio Augusto, como presente para os emeriti (cuxo significado en latín era "retirados") das dúas lexións veteranas das Guerras Cántabras. Estes eran os soldados licenciados do exército romano, ós cales recibían ou ben cartos equivalentes á paga de doce anos ou ben parcelas de terra.

Converteuse na capital da provincia lusitana e pronto comezou a constituír un importante foco na rexión. Nela confluían importantes vías de comunicación e estaba rodeada de grandes extensións de terra productiva, mananciais, fontes de materiais de construción...

No centro da cidade creouse o Foro Municipal, onde se construiron os templos de Diana e Marte. No ano 15 a.C, Marco Agripa, amigo e colaborador de Augusto, dona o teatro. Uns anos máis tarde finalízase a construción do Anfiteatro, situado a carón do teatro, e do circo, que é un dos mellor conservados. No ano 50 construíuse un novo foro, o chamado Provincial, ó que se accedía a través do Arco de Traxano. Na cidade existen diferentes conxuntos termais, construídos entre o s. I a.C e o s.IV.



*Imaxe: o teatro romano de Emerita Augusta visto por Xavier Fargas.

Asturica Augusta


A cidade de Asturica Augusta chamada actualmente Astorga comenzou a crecer cando recibiu o asentamento da Lexion X co emperador Octavio Augusto, do cal recibeu o nome a cidade.

O máis importante era a Vía da Plata, que iba dende Astorga a Extremadura, e tamén polas rutas do norte, polo cal circulaba o ouro máis a prata. Tamén destacan as Termas, que se dividian en termas maiores e as menores. As termas maiores para a sociedade e as menores para a alta sociedade. A Muralla, o Acantarillado, a Domus do Mosaico do Oso e dos Paxáros que é una vivenda de unha soa planta.

*Imaxen: Astúrica Augusta vista por Javier G. M.

21 feb 2009

BAELO CLAUDIA

Foi unha cidade marítima, posto que o seu porto era o principal da Hispania que entraba en contacto co norte de África. Trátase dun asentamento comercial especializado na salazón de pescado e no garum. (Como se pode observar nas moitas pilastras especias para esta actividade, que alí se conservan). Baelo Claudia conta con restos de Tabernae (Tendas) e Macellum (Mercado).
Costruída sobre o antigo asentamento fenicio da cidade de Bailo Baelokum, posuía entre outras cousas o grao de Municipium, outorgado polo emperador Claudio.
Coma case tódalas cidades romanas tiña a tríada capitolina (Xuno, Xúpiter e Minerva). Tamén posuía un templo á deusa egipcia Isis. Contaba con tres acueductos, unha curia, un circo, unhas termas e mais un foro.
A partires da segunda metade do século II d.C. esta cidade entrou nunha etapa de crisis que a levaría a ser deshabitada no VII a.C.: Un maremoto seguido de consantes invasión de piratas e mais bárbaras.
As ruinas de Baelo Claudia atópanse no "Parque Nacional del Estrecho", na provincia de Cádiz.

ITÁLICA

Itálica é unha antigua cidade romana situada no actual Santiponce (Sevilla). Foi fundada no ano 206-205 a.C. Itálica foi a primeira cidade romana fundada en Hispania e tamén fóra de territorio italiano.

Son numerosos os restos desta época, e consta que as súas murallas foron restauradas por Leovixildo no ano 583, no marco das súas loitas contra Hermenexildo. A planta da cidade orixinal era de tipo campamental, como costume nas colonias militares da época na propia Italia.
O conxunto arquitectónico desta antiga cidade é moi amplo dende un enorme anfiteatro a diferentes e importantes casas, pasando por un teatro de grandes dimensións e por un suposto templo de Traxano.


*imaxe:TwoThumbs

18 feb 2009

Tarraco


Tarraco foi fundada polos irmáns Escipións nas proximidades dun oppidemium ibérico de finais do século V a.C. Cando o asentamento militar se fixo estable, chegaron a ela comerciantes e cidadáns romanos que buscaban unha nova terra de oportunidades. Alí reuniu César ós seus legados durante a guerra civil contra Pompeio e polo valor dos tarraconenses a súa cidade foi premiada co rango colonial no 45 a.C. co título de Colonia Iulia Urbs Triumphalis Tarraconensis. Durante o imperio convertiuse na capital da Hispania Citerior e máis tarde da Tarraconensis.

Entre os restos máis importantes podemos destacar o anfiteatro (na foto), o pretorio, o arco de Bará, un acueduto ou a famosa torre dos Escipións, que recibe este nome por unha falsa interpretación dos seus relevos. Estes non representan ós irmáns, senón á Atis, deusa oriental de culto funerario.


Imaxe: Tarraco vista por Alvaro_chiron

16 feb 2009

Saguntum

Saguntum, cidade de orixe grega e aliada de Roma, no 219 a.C foi asediada por Aníbal debido á sua colocación estratéxica. Tralo asedio, Aníbal encontrou unha cidade totalmente derruida, o que enfureceu a Aníbal xa que gastara tempo, enerxías e soldados na súa conquista. Conta a lenda que os habitantes de Saguntum, decidiron prenderlle lume a todo e incluso a eles mesmos. Así comezou a 2ª Guerra Púnica entre Roma e Cartago.

Esta cidade foi reconstruída anos depois polos romanos, nela construíron un circo na parte baixa da cidade e un teatro con capacidade para oito mil persoas. Ademáis tamén tiña un enorme foro do cal se conserva unha inmensa cisterna que abastecía á cidade de auga pero hoxe en día non se ve porque se atopa baixo terra, no museo arqueolóxico encontrase unha maqueta para que os visitantes se fagan unha idea das suas dimensións. Hoxe en día tamén se conserva unha inscripción no foro, a inscripción a Pompilia Rectina e a porta dos circo.

* Imaxe: Saguntum vista por PacoQT ©

As cidades da Hispania romana

Ruinas romanas de Segóbriga
As ruínas urbanas son a pegada do noso pasado. Os romanos fixeron que os castrexos baixaran aos vales e abandoaran os castros, aínda que máis adiante volveran a eles.
Os asentamentos indíxenas cambian a súa fisonomía, incorporando novidades urbanísticas: o foro, as basílicas, os templos, os edificios de espectáculos (anfiteatro, circo), os acueductos, as vías, os monumentos triunfais (arcos, columnas).
As entradas que seguirán percorrerán as cidades principais da Hispania romana, nesta ocasión da man dos alumnos de Latín II.

* Imaxe: Segóbriga vista por Tony Madrid

2 feb 2009

La vía de la plata en la actualidad.


La vía de la plata es una antigua vía que empieza en Mérida y termina en Astorga. Atraviesa el sur, norte y parte del oeste de España. Une las cudades de Gijón y Sevilla por la carretera general N-630. Es una ruta turística y cultural . Existe una "Asociación de Pueblos en Defensa de la Via de la Plata" que protestan contra las nuevas obras en construcción. Un ejemplo de ruta cultural es la del camino de Santiago.

Hecho por Eva Requeijo Bravo y Noelia Ferro Heleno.

1 feb 2009

O nome da "Vía da Prata"

A Vía da Prata non foi un camiño dedicado á circulación de dito metal noble, xa que a súa denominación débese a unha confusión fonética. Non existe unanimidade para determinar a orixe do nome da vía, se non que hai distintas teorías en relación a este tema. Unha das primeiras fai referencia a ela como "calzada", que segundo o diccionario da RAE, significa "camiño empedrado, pavimentado e ancho". A denominación de Prata, aparecerá a comezos do S.XVI, cando Cristóbal Colón asegura que chagará a Valladolid "pola Prata", e tamén Nebrija refiríase a ela como via nobillissima argentea vulgo dicitur. No século XVIII tratouse de que estivera relacionado con "Lata", que quere dicir amplia, ancha. Tamén Roldán considerouna nun principio derivada do término árabe "balata", cuxo significado tería que ver co enlousado que a cubría, dando lugar a "prata". Por último, considerouse que podería estar relacionado co término latino "delapidata" cun significado similar ao anterior, a pesar que esto plantea algunhas dúbidas xa que, esta calzada tiña ausencia dun verdairo empedrado, que non era usual nas grandes calzadas nos seus recorridos non urbanos.

31 ene 2009

Mercadorías na Via da Prata


A Vía da Prata, aparte de ser un dos camiños romanos mellor coñecidos e máis importantes da Península, foi tamén un importante medio para a circulación e a venda de mercadorías.
Os primeiros productos en circular por esta vía foron os produtos exóticos, como perfumes e especias procedentes de Oriente. Un pouco despois, cara ao século I d. C., comézase a comerciar con obxectos manufacturados de luxo, e tamén con vaixelas de cerámica de diferentes procedencias (as máis vendidas foron as itálicas e as procedentes da Galia).
Máis tarde, tamén se chegou a comerciar con outros produtos non hispanos, como por exemplo os vidros que chegaron a circular por esta estrada romana procedentes do estranxeiro.
Esta vía tamén se utilizou para o abastecemento numismático.
Óscar e Cristian

Historia da Vía da Prata.

A construcción desta calzada comezouse a construír hacia o século II a.C, na época na que o guerrilleiro Lusitano Virato loitaba contra Quinto Servilio Carpio. Foi unha vía ideada con fins militares. Nesa época establécense tres asentamentos ao longo da vía: Medellín (Metellinum), Cáceres (Castra Caecilia) e Puerto de Béjar (Caelionicco ou Vicus Caecilius).
Posteriormente, sirveu como un canal de comunicación entre os asentamentos que os romanos estaban facendo nesa zona de Hispania.
O trazado principal unía Emerita Augusta (Mérida) e Astúrica Augusta (Astorga).
En época romana dotóuselle de pontes, miliarios e mansíos que aínda existen hoxe.
Durante o dominio dos árabes, estes aproveitaron a calzada para facer incursións rápidas nos reinos cristiáns dende o S.VIII.
No S.XIII creouse o Honrado Concejo de la Mesta, unha institución que favorecía aos movementos dos rabaños de ovellas merinas para un mellor aproveitamento dos pastos. Isto motivou a creación dunha rede de camiños gandeiros perfectamente xerarquizados que comunicaban as verdes zonas de León e a Meseta Norte.
Un novo uso foi o de ser un camiño de peregrinacións medievais e modernas hacia Santiago de Compostela.
Os historiadores dos S. XVI e S. XVII denominábana ''vía militar''.
Feito por Miriam Reboredo e Cristina Salgado.

As pontes da Vía da Prata

Ao longo do camiño que unía Mérida con Astroga, é dicir, a Vía da Prata, foi preciso construír pontes para facilitar o camiño, xa que é un percorrido no que abundan os ríos. Os romanos eran expertos neste tipo de construccións. Os máis antigos estaban feitos de madeira, pero pouco a pouco foise cambiando o uso deste material pola pedra, extraída de canteiras próximas, en forma de bloques, que eran erguidos por grúas que movían os escravos.
Normalmente o seu deseño baseábase nun ou varios arcos de medio punto que se apoiaban sobre piares. Sobre esta estructura discorre a vía pola cal se circulaba. Cando a ponte atravesaba un río, era necesario o uso de ataguías, pequenos diques cuxa función era desviar a auga. Dentro das ataguías construíanse os piares, e unha vez rematado este proceso facíanse os arcos. Finalmente, facíase a superficie da calzada e levantábanse os parapetos. Logo o pontífice consagraba a ponte.
Na fotografía podemos ver o contraste entre unha das pontes romanas que atravesan o río Guadiana ao seu paso por Mérida, e unha ponte de recente construcción, chamada Santiago de Calatrava.

Por Alba Vázquez Touceda e Marta Rodríguez Castro.

O itinerario da vía da prata



A vía da Prata é uns dos camiños mellor coñecidos na Península. Une diversos puntos entre Mérida (Augusta Emerita) e entre Astorga (Asturica Augusta). A rede viaria da Hispania romana é unha creación da época romana de Augusto. Ainda que alguns deses camiños xa foron usados durante as guerras de conquista. A vía comeza en Augusta Emerita (Mérida), pasa por Ad Sorores (Casas de Don Antonio), Castra Caecilla ( Cáceres), Turmulos, Rusticiana (Galisteo), Capara ( Cáparra), Caellonico (Puerto de Béjar), Ad Lippos (Valverde Valdecasa), Sentice (La Dueña de Abajo), Salmantica (Salamanca), Sabaria (Torredel Sabre), Ocelo Duri (Zamora), Vico Aquario, Brigaeclum (Benavente), Bedunia (San Martín de Torres) e finalmente Asturica Augusta (Astorga). A vía ten dúas ramificacións unha que chega ata Lvcvs(Lugo) e a outra que chega ata Gigia (Xixón).
Rita Ferreiro e María Valdés

30 ene 2009

Os miliarios

Tamén coñecido como Pedra miliar" é unha columna cilíndrica, normalmente de granito, Tiñan unha base cúbica ou cadrada e medía entre 2 e 4 m de altura, cun diámetro de 50 a 80 cm. A súa función era señalar as distancias "cada mil passus" é dicir, cada milla romana, (o que equivale a unha distancia de aproximadamente 1.481 metros.) que habia ata a cidade próxima, máis representativa. Os primerios miliarios coñecidos datan do período final da República romana, pero a inmensa maioría dos conservados foron realizados baixo o Alto Imperio e, en menor medida, nos séculos III e IV. A maior parte dos miliarios levaban inscricións gravadas, as inscricións solían estar formadas de catro importantes partes:
- O título completo do emperador baixo cuxo mandato construír ou modificaba a calzada.
- A distancia ata Roma ou a localidade máis importante da vía.
- O gobernador ou a unidade militar responsable das obras na calzada.
- A expresión refecit ou reparavit se se trataba dunha obra de mantemento da vía.
No século IV, os Miliarios perderon importancia ante a población

Publicado por:Lorena Rozados Riveira y Bárbara Guillermo Rodríguez

27 ene 2009

Unha fusión de culturas e relixións


A vía da prata, unha das vías romanas máis importantes a nivel internacional, foi unha das principais fontes de cultura, relixión e ideoloxía para os pobos periféricos, influencia que proclamou a relixión romana como a primeira dos seus habitantes, máis tarde, remplazada polo cristianismo.
Outro exemplo de como esta rota influíu na vida do campesiñado foron as crenzas e a idea dunha forma de vida máis urbana. Os cultos aos deuses romanos, propios das principais cidades, como Augusta Emerita e Astorga, polas circulaban persoas; foron se ampliando ata chegar á poboación que vivía no campo, logrando así unha extensión das súas ideas e crenzas. Nalgunhas ocacións, as mesmas persoas que atravesaban o camiño, deixaban pequenos altares en conmemoración a estes deuses, denominados lares viales.
Esta vía, non só de uso comercial, deixounos unha gran riqueza cultural, procedente de distintas rexións.



25 ene 2009

A Vía da Prata: unha calzada e mil camiños

O pasado mércores 21 de xaneiro, os alumnos "latinos" do MGB visitamos a exposición "A vía da Prata, unha calzada e mil camiños", no museo do Pobo galego en Santiago de Compostela.
Nesta nova avaliación e neste novo ano de 2009, van ser os alumnos de 4º de ESO de latín os que comezarán a editar neste blog, unha serie de entradas sobre o que puideron ver (e aprender) nesa visita.
Falarase de seguido sobre o nome da vía, as técnicas de construción, as pontes, o itinerario, a súa evolución histórica ata os nosos días, as mercadorías, as crenzas, as ideas que por ela transitaban, a relixión, a propaganda imperial, os miliarios. Todo ilustrado coas nosas propias fotos, que podedes ver aquí.

28 may 2007

Viam Stratam

Nace hoxe unha nova bitácora no planeta da blogosfera, e recibe o nome do topónimo latino da Estrada, que alude as varias capas de materiais que se utilizaban para construír unha via romana, concretamente a via XIX, que, saíndo de Bracara Augusta (Braga) con destino a Asturica Augusta (Astorga), dúas capitais dos tres conventus iuricidi nos que se dividía a Gallaecia romana (o outro era Lucus Augusti, Lugo), pasaba moi preto da actual vila da Estrada.

Este é un blog creado para que os alumnos de Latín e Cultura Clásica do IES Manuel García Barros da Estrada teñan un espazo onde publicar os seus traballos de aula, ou calquera outro material relacionado coa cultura grecolatina.
Imos comezar cunha serie de entradas referidas á pegada da mitoloxía grego-romana na historia da arte, astronomía, etc.