Mostrando entradas con la etiqueta Retrato. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Retrato. Mostrar todas las entradas

19 jun 2007

Busto de dama romana "La Gitana"

Retrato dunha dama romana da época xulio-claudia (de Augusto a Nerón, 27 a. C.-68 d. C.). Está exposto na segunda planta do Museo de Arte Romano de Mérida, sala V, na sección de peinados femininos.
Está peinada con rizos e patillas dun modo peculiarmente hispano. Ten semellanzas con algúns peinados relativamente recentes, como poden ser os que se levaban nos anos 20 en París.

Retrato da emperatriz Sabina

Busto da emperatriz Sabina, neta da Marciana e filla de Adriano, que data do século II d.C. Realizado en mármore, consérvase no Museo do Prado.
Sabina peina o seu cabelo en suaves mechóns ondulados que parten da raia central, recollendo a melena nun amplo moño de gran diámetro que abarca prácticamente toda a parte posterior da cabeza.
Este peinado recorda ao que mostran algunhas esculturas gregas da deusa Artemisa.

Busto romano: "dama emeritense"

Este retrato atópase dentro do Museo de Arte Romana de Merida, na sala V da segunda planta do edificio xunto con outros retratos femininos, importantes pola súa calidade e cantidade. Os peiteados deste tipo de bustos axúdannos a clasificalos dentro dunha determinada época, grazas á comparación que se realiza cos aparecidos nas moedas. Este busto en concreto, atópase enmarcado na época xulio-claudia (de Augusto a Nerón, 27 a.C. ao 68 d.C.), e concretando aínda se cabe un pouco máis, atopámola nos bustos pertencentes ao século II d.C., peiteada á moda da emperatriz Faustina II, e caracterizada por un moldeado de ondas moi marcadas que se recollen nun moño. Esta moda poderíamos chegar a comparala coa que había aínda non hai moitos anos na nosa sociedade, xa que arredor dos anos 80, as mulleres casadas tamén acostumaban recoller o pelo deste xeito.