3 jun. 2010

O Xuízo de Paris


  • Autor: Peter Paul Rubens
  • Data: 1639
  • Ubicación actual: Museo del Prado, Madrid
  • Material: Óleo sobre lenzo
  • Estilo: Barroco

Esta obra narra a lenda da boda de Tetis e Peleo. A aquela boda non fora invitada a deusa Eris, esta cabreouse e decidiu mandarlles unha mazá de ouro. Nesa mazá de ouro estaba inscrita a frase: "Para a mais fermosa". Afrodita, Atenea e Hera pelexaban porque pensaban que a mazá era para elas, entón decidiron ir a que Zeus elixira a máis fermosa. Zeus, que non se queria meter en problemas, elixíu a un xove mortal chamado Paris. Cando chegou á hora do xuízo cada deusa ofrecíalle a Paris un poder ou algunha cousa. A deusa Atenea ofreceulle a sabedoría na guerra, a deusa Hera ofreceulle todo o poder e Afrodita ofreceulle o amor da muller mais fermosa, Helena a esposa do rey de Esparta, Menelao. Paris decidíuse por Afrodita e gañou ó amor da muller mais fermosa helena. Paris raptou a Helena e o rey Menelao ao enfadarse decidiu emprender a guerra contra Troya. No cadro observáse a Hermes, mensaxeiro dos deuses, coa mazá na man, a Paris sentado nunha pedra e con xesto pensativo e as deusas. Afrodita acompañada do seu fillo cupido, Atenea cas armas nos pes e a Hera con un pavo real ao lado.


1 comentario:

eu dijo...

o deus que aparece na foto non e Marte que e Mercurio o mensaxeiro.