20 nov. 2012

O latín nos emblemas das universidades

Falamos xa en entradas anteriores (o latín no fútbol), do uso do latín como lingua de prestixio. Nesta serie de entradas que abrimos hoxe recolleremos a presenza do latín nos lemas dos escudos das universidades.

E comezaremos por dúas das universidades galegas,  a UDC, a universidade da Coruña...

Hac luce: "con esta luz, baixo esta luz", referíndose ao papel de guía da universidade,
Imaxe: wikipedia











e a USC, universidade de Santiago de Compostela...

Sigillum Reg(ale) Universitat(is) Compostellan(ae): "selo real da Universidade compostelana"

Imaxe: web USC

No hay comentarios: