28 nov 2011

Orpheus et Eurydice (Fabulae Syrae)

Antes de comezar con Eutropio, os alumnos de latín II do MGB traduciron a Fabula de Orpheus et Eurydice incluída no libro de Luigi Miraglia "Fabulae Syrae", do que tiven a sorte de recibir un exemplar de mans de Antonio Amador "antes de que se ofreciese al resto de los mortales", tal e como figura na dedicatoria da primeira páxina. Iso foi nas xornadas de Cultura Clásica de Sagunt, no ano de MMX.
O traballo das próximas entradas consistirá en ilustrar unha pasaxe do texto traducido, acompañando a imaxe co texto en latín e a tradución ao galego.

*imaxe: mosaico procedente de Xerusalén. Século V d.C. (Beyond the Pale.org)

No hay comentarios: