En fronte do arco de Constantino poden verse as ruinas dunha monumental fonte, a Meta Sudans. Construida polos Flavios no espacio antes pertencente ó palacio de Nerón, recibe o seu nome porque unha meta do circo era a encargada de botar a auga da fonte, que esvaraba polos seus lados coma se sudase. En 1936 o caudillo fascista Benito Mussolini decidiu destruir todos os edificios antigos que non consideraba moi importantes para abrir a Via Dei Trionfi, e levou pordiante a Meta Sudans e a base do Colossus.
Imaxe actual: Jacopo18041968
Reconstrucción: Rome Reborn
No hay comentarios:
Publicar un comentario