Imos comezar este novo curso de 2010/2011 cunha serie de entradas sobre o alfabeto latino, que realizarán os alumnos de Latín de 1º de Bacharelato.
Trátase de elixir unha palabra, convertila en fermosas imaxes de Flickr e logo pronunciala en "perfecto latín" a través do servizo Forvo. Para usar esta ferramenta deberás rexistrarte, ler este manual de gravación e estas recomendacións e preguntas frecuentes.
Velaquí un exemplo, que espero recordaredes da clase de hoxe:
E aquí vai a miña pronunciación (mellorable, seguro...!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario