Ficha técnica:
- Autor: Peter Paul Rubens.
- Data: 1636-1637
- Ubicación actual: Museo do Prado (Madrid)
- Material: Óleo sobre lenzo, 179 x 297
- Estilo: Barroco centroeuropeo.
O pintor cóntanos a historia de Io, unha bela ninfa que foi seducida por Xúpiter e pouco despois convertida en vaca polo mesmo deus para escondela da súa esposa Xuno. Esta ordenoulle a Argos que a vixiara, xa que como tiña cen ollos, nunca había un momento en que se cerraran o mesmo tempo e así non a perdería de vista. Xúpiter, que se sentiu culpable polo sufrimento de Io, chamou a Mercurio para que coa súa música lograse dormir a Argos, e así o deus poderíalle cortar a cabeza e liberar a Io. Os tres persoaxes protagonistas sitúanse ante un fondo de paisaxe, como se de un friso romano se tratase. As figuras están cargadas de vitalidade, recollendo nos seus xestos e accións a carga dramática e a violencia do momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario