9 may 2010

Dies Lustricus


O dies lustricus pódese considerar actualmente como un bautizo. Nada máis nacer o bebé, o seu pai debía recoñecelo. Este levantaba ó seu fillo (tollere liberos) como símbolo de que o aceptaba e era lexítimo. Se o pai non recoñecía o neno abandonábase na rúa.
Ós oito días, se o bebe era nena, e ós nove se era neno, celebrábase o dies lustricus. O neno era purificado (lustratus) e poñíaselle a bulla, como amuleto de boa sorte. Logo adxudicábaselle o nome, que constaba de tres partes, (tria nomina), o praenomen (nome individual), o nomen (distintivo só das gens) e o cognomen ( particularidade física ou moral, profesión, lugar de orixe...). Ás nenas poñíaselle o nomen e se había máis de unha con ordinais, "Iulia primeira", "Iulia secunda".
Imaxe: railonsop

No hay comentarios: