20 oct 2009

Curtas en latín

O latín é unha lingua que se utiliza actualmente en campos moi diferenciados, como por exemplo, no ámbito cinematográfico. Algúns cineastas emprégano como lingua para as súas obras, especialmente curtametraxes de temática relacionada coa Antiga Roma ou Grecia.
Algúns exemplos podémolos ver nesta páxina, adicada a este tipo de curtas, entre as cales destacamos esta sobre o xuízo que Paris realizou despois de que a deusa da Discordia lanzase unha mazá para a máis fermosa nas vodas de Tetis e Peleo; ademais, atopamos outros sobre Cleopatra, a filosofía e Dido e Eneas.


Alba Vázquez Touceda e Marta Rodríguez Castro.

No hay comentarios: