20 oct 2009

Cine en latín

Hoxendía séguese a utilizar o latín nalgúns campos. Un exemplo deles é o campo do cine, a televisión e incluso a literatura.

É difícil encontrar actualmente unha película, serie ou novela publicada totalmente en latín, pero ocasionalmente podemos atopar esta lingua en numerosas películas, a veces con unha utilidade decorativa con unha simple frase e outras coa intención de provocar unha escena cómica coma é o caso da famosa secuencia Romanes eunt domus do film Monthy Phyton: A vida de Brian.

Outras duas produccións reservaron no século XX un rol protagónico ao latín:

A primeira delas foi o contravertido e o moi explícito filme "Sebastiane" de Derek Jarman y Paul Humfress, sobre a vida de San Sebastián. Foi rodada en 1976 e está íntegramente falada en latín.
A segunda foi "A paixón de Cristo" (Mel Gibson, 2004) na que se utilizaron exclusivamente as linguas faladas orixinais dos protagonistas; o arameo, o hebreo, e como non, o latín.

Actualmente tamén existen algunhas novelas traducidas o latín como por exemplo "Alicia no país das maravillas" , "O Principiño", cómics de "Astérix e Obélix" ou "Sherlock Holmes", aínda que entre os máis recentes destacan as aventuras de "Winnie The Pooh" e "Harry Potter".



No hay comentarios: