13 jun. 2009

Martes

O martes é o segundo día da semana, situado entre o luns e o mércores. O nome deste día vén do latín martis dies, que recibía este nome en honor a Marte, o deus romano da guerra (Ares para os antigos gregos). En ocasións, decíase soamente martis, para abreviar. Sen embargo, en algúns idiomas aínda se conserva incorporado o elemento dies, como por exemplo no catalán dimartis, no francés mardi ou no italiano martedi. En outro idioma non romance como é o inglés, este día recibe o nome de Tuesday, que deriva de Tyr, que é aproximadamente o deus nórdico da guerra equivalente ao romano Marte.
O martes é considerado un día de mala sorte, especialmente se coincide en día 13. Créese que os días que levan a letra "r"(martes, mércores e venres) son de mal agoiro. En latín dise que o que nace en martes morre de mala morte. Ademais, a lenda conta que un martes 13 se produxo a confusión de linguas na Torre de Babel.

No hay comentarios: