21 dic 2007

LIBITINARII

Cando algún romano falecía, a familia encargábase de chamar aos pollinctores, escravos pertencentes ao grupo dos libitinarii ou enterradores. Así, os libitinarii, asociados ao templo de Venus Libitina, eran os encargados de lavar o cadáver, unxilo de aceites e perfumes, levar a cabo os ritos e rexistrar as mortes. Ofrecía estes servizos a cambio duns prezos, os arbitria, variando a cantidade en función da complexidade e pompa (procesión). Os libitinarii eran considerados os únicos romanos aos que lles estaba permitido ter contacto co corpo do defunto sen que o seu espírito se contaminase.
Hoxe en día, podemos asociar estos antigos libitinarii romanos cos actuais encargados de pompas fúnebres. Pois estes encárganse da preparación do enterro. Pero sen esa superstición de que non serán contaminados, pois a mentalidade de hoxe en día non é tan dependente e respectuosa coas tradicións dos antepasados. Actualmente non se ten ese medo a que o corpo do falecido contamime o espírito daquel que ten contacto con el; nin tampouco se sente esa forte unión nin dependencia da relixión, que levaba por aquel entón a crear toda esta serie de crenzas e temores ao descoñecido e inexplicable. Hoxe enténdese a morte como algo transitorio e normal (ata certo punto). Pero xa non está rodeado de todos eses medos e mitos que na antiga Roma, consecuencia tamén do avance tanto ideolóxico como científico, que ó axudarnos a entender a realidade, fai que deixemos atrás todas esas costumes que viñan dende tan antigo. Deste xeito, os encargados de pompas fúnebres que hoxe en día temos ao nóso servizo son simples traballadores preparados para iso, pero sen ir máis alá.

No hay comentarios: